Xornada complicada para os conxuntos da Costa, que só puideron sumar un punto entre todos. O Muxía rescatou un empate a domicilio fronte ao Boimorto, mentres que Camariñas, Esteirana, Fisterra e Castriz sufriron derrotas. O Camariñas plantou cara pero non puido co líder Calo, a Esteirana e o Fisterra quedaron superados con claridade e o Castriz segue sen atopar a fortuna, caendo pola mínima. En resumo, a xornada deixou máis sombras ca luces para os representantes costeiros, que necesitan reaccionar para non quedar atrapados nas últimas prazas da táboa.
-Resultados da xornada-
-
Boimorto CF 1-1 CF Muxía
-
SD Tordoia 4-0 SD Fisterra
-
Vizoño SD 0-2 Bastavales UD
-
Club do Mar 1-1 CF Cire de Melide
-
Camariñas FC 0-2 SR Calo
-
Praíña Sporting Club 1-1 SD Cacheiras
-
CCD Queixas 2-3 Bertamiráns FC
-
SCDR Esteirana 0-2 Racing San Lorenzo
-
SD Castriz 0-1 CSD Arzúa
-Os nosos equipos-
Boimorto CF 1-1 CF Muxía
Punto de mérito para o Muxía en O Carballal. Os da muxiáns adiantáronse cedo cun gol de Brais no minuto 10, pero viron como Alexandre empataba para os locais no 37’. O cadro muxián suma o seu empate empate da tempada o que os ten si coñecer a vitoria pero tamén sen coñecer a derrota.
SD Tordoia 4-0 SD Fisterra
Tarde negra para o Fisterra no Manuel Juncal. O dianteiro local Víctor marcou tres goles (37’, 51’ e 62’) e destrozou a defensa dos costeiros, mentres que Seoane (65’) completou a goleada. O equipo fisterrán segue sen atopar o seu xogo e queda con só 1 punto en tres xornadas.
Camariñas FC 0-2 SR Calo
O Camariñas non puido frear ao líder no Vicente Carril. O Calo golpeou cedo con tantos de Adrián García (16’) e Agraso (29’), que deixaron o partido encarrilado na primeira media hora. O cadro camariñán buscou reacción pero non atopou o camiño do gol e queda con 3 puntos na metade da táboa.
SD Esteirana 0-2 R. San Lorenzo
Derrota amarga para a Esteirana no Xosé Luis Vara. Os visitantes resolveron o encontro nos primeiros minutos con goles de Loureiro (15’) e Ander (29’), que puxeron un 0-2 que xa non se moveu. O conxunto de Esteiro acumula só 1 punto e permanece na zona baixa da clasificación.
SD Castriz 0-1 CSD Arzúa
A mala dinámica continúa para o Castriz, que caeu pola mínima no San Pedro ante o Arzúa. Un gol de Iván García no 58’ decidiu un choque igualado no que os locais mereceron máis. O equipo vermello segue sen puntuar e pecha a táboa con 0 puntos, habendo feito méritos para ter máis.
Clasificación
-
1º- SR Calo: 9
-
2º- SD Tordoia: 9
-
3º- Bertamiráns FC: 9
-
4º- CSD Arzúa: 7
-
5º- Club do Mar: 5
-
6º- Boimorto CF: 5
-
7º- CCD Queixas: 4
-
8º- CF Cire de Melide: 4
-
9º- Praíña Sporting Club: 4
-
10º- Camariñas FC: 4
-
11º- SD Cacheiras: 3
-
12º- Bastavales UD: 3
-
13º- Muxía CF: 3
-
14º- Racing San Lorenzo: 2
-
15º- Vizoño SD: 1
-
16º- SD Esteirana: 1
-
17º- SD Fisterra: 1
-
18º- SD Castriz: 0
-4º Xornada-
28/09/2025
Bastabales-Club do Mar
Cacheiras-Vizoño
Bertamiráns-Praiña
Racing San Lorenzo-Queixas
Calo-Esteirana
Muxía-Camariñas
Fisterra-Boimorto
Arzúa-Tordoia
Cire de Melide-Castriz
-Texto e fotos : Xosé Búa “Pirata”




