CRÓNICAS : “XALLAS E DUMBRÍA SUPERARON A CORME E CAMARIÑAS PARA SALTAR A FINAL DA COPA DA COSTA FEMININA”.

 

Non houbo sorpresas e foron os favoritos os que chegaron a Gran Final da Copa da Costa Feminina na cuarta edición desde que a orgañiza a Real Federación Galega de Fútbol, que polo que parece ainda non aprendeu a base de edicións. A finalísima xogarase o Domingo 2 de Xuño deste 2024, no “A Arliña” de Muxía, un escenario, (sen pasións), do milloriño de Galicia, polo fermoso enclave no que está, pero para nada dacordo, (e penso que non sou o único), co horario, (11:30 horas), pois é unha hora mala para todos, e máis o facer que coincida con que pola tarde, (17:00 horas), xógase no mesmo esceario a “LIX Copa da Costa”, polo que a maioría da afección optará a ir a un dos dous. Se xa foi criticado que as semifinais das rapazas non fosen a dobre partido, así como a porgañización completa da Copa, máis está a ser o horario que se puxo, moi lonxe da igualdade, a tenor das dúcias de mensaxes que recibimos dende que anunciamos que as finais serían as duas no mesmo día e os seus horarios.

Sobre o que deron de sí os encontros de semifinais fálannos os propios adestradores, aos que unha vez máis queremos dar as gracias por esta e moitas outras colaboracións, e que gañe o mellor e sexa un día de disfrute para todas e todos.

 

As dumbriesas felices co pase a final da Copa.

 

CF Dumbría 3-0 EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : Semis de copa na que recibiamos o Camariñas na nosa casa, sabíamos o dificil que sería pero que seríamos capaces. Faríamonos rápido coa posesión de balón intentado combinar e encontrando espacion, chegando a ter ocasións claras que non conseguiamos definir coa tranquilidade necesaria para convertir en gol, esto e o bo facer defensivo das visitantes desordenaríanos o cal faría que deixaramos de ter ocasions claras ainda que si o dominio do partido. Na segunda mitad, xa sabendo que necesitabamos ter paciencia, que acabaría chegando o gol si seguiamos co mismo guión o equipo volvíuse máis vertical sucedendose as ocasions, abriríamos o marcador, ainda que sería anulado por un polemico fora de xogo, o que nos dou máis impulso para buscar o gol e así sería, chegarian 2 goles casi segidos, dandonos esa tranquilidade necesaria para ser dueñas do partido. Ahora a disfrutar a final e intentar darlle o colofón final como nos merecemos“.

Juan Cabrejo, (Adestrador do EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”) : “O partido que esperábamos. O Dumbría, que para min é o mellor euipo e así o demostrou gañando a liga. Sabíamos que ía a ser o dominador do encontro e nóstíñamos clara a estratexia. Esperar atrás, defender o mellor posible e a ver se collíamos algunha contra. Aguantamos ben a primeira metade, dominando elas, claro está, e buscamos facerlle algún dano con balóns longos buscando as costas da defensa, pero non tivemos ningunha ocasión. No segundo tempo e a raíz do primeiro gol acabouse o encontro, e ademáis xa nos escaseaban as forzas de correr moito detrás delas. O segundo e terceiro gol xa foron cousas anedóticas, pois xa sabíamos que non íamos ser capaces de levantar o partido. Pois nada…é para estar orgullosos, quitarse o sombreiro ante as miñas xogadoras. Deron a cara diante dun equipazo, nunca se arrugaron e deron a cara. Orgullosos desto e do que fixeron toda a tempada. Felicitar o Dumbría que foi xusto vencedor“.

CF Dumbría : Lissette, Noa, Paula Carril, María Rodríguez, Reyes, Sabela, Eva Lema, Claudia, Maria Pérez, Paula Fandiño, e Kelly. Tamén xogaron : Laura, Lucía, Juliette Yoli e Lara.

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” : Keren, María Mouzo, Uxía, Rosana, Rocío, Elena, Paula, Laura, Nuria, María García, e Lara. Tamén xogaron : Desiree, Ainoa, Diana, Saray e Leticia.

Goles : 1-0, Claudia, (65´); 2-0, Eva Lema, (66´); 3-0, Paula Carril, (75´de penalti).

Árbitro : Pablo Rama Cotelo, asistido nas bandas por Diego Taibo e Iván Lamas. Amonestou a María, do Dumbría.

 

Corme CF 0-2 Xallas FC

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “QUE BONITA E A COPA DA COSTA!!…Recibíamos o que para min e o mellor Equipo femenino da Costa, e cunha Baixa moi importante, posto que a Nosa porteira Belén lesionouse no partido de Corcubion, o que lle impediría rematar o ano debaixo dos Paus, sería Lucía a qué aceptaría o reto de poñerse na portería, QUE GRANDE ERES LU!!!
Condicionamos o partido a superioridad do rival, buscabamos minimizar o seu xogo interior con María, Andrea e Noelia, e Ter moi controlas a Olalla e Yasmina, queríamos deixar a portería a cero o maximo de tempo posible para que lles puderan entrar as presas e con elas que chegaran as imprecisions e os erros, pero éste Xallas, a parte do potencial ofensivo que ten, non comete erros, nos primeiros minutos de xogo si que nos creaban peligro con facilidad, pero según iban pasando os minutos íbamos collendo confianza no plan de partido e conseguimos o noso propósito nos primeiro 45 minutos.

A volta do paso polo vestuario seguíamos igual, elas intentan atacar e nos defendendonos como habíamos traballado, pero foi nunha falta lonxana donde conseguirían o que tanto habíamos traballado para que non pasara, adelantaronse 0-1 … E ahí sí que tuvemos que cambiar o plan, algo que tamen habíamos previsto, e subimos líneas e intentamos ir a por elas, pero aí sí que se viu claramente a superioridad do Xallas, que Ainda que non nos facia moito mais peligro que antes, si nos dominou completamente con balón e nunca nos deixou salir do noso campo, conseguindo facer o 0-2 na última xogada do partido. Xusto vencedor o Xallas. Moi orgulloso do meu equipo, vaia temporadón fixeron, como compiten pero sobre todo vaia grupazo teñen, ahora toca parar e descansar, que nos fai moita falta para recoller forzas, posto que o próximo ano queremos volver a facer moito ruido, xa co aprendizaxe tan esixente deste ano”.

Roberto Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “Boa entrada no Cairo, onde os dous equipos comezamos moi nervosos e con dificultades a hora de construír xogadas elaboradas. Aínda así o dominio e ás chegadas máis craras foron para ás de Santa Comba. O Corme moi ben traballado defensivamente tratou de manter a súa porta a cero e aproveitarse do seu poderío a balón parado que puxo en apuros a Rosio. Chegando a ceros o descanso. Na segunda parte o Xallas apurou máis o xogo e sería Noelia nunha falta que nos daría vantaxe. O gol dounos a tranquilidade que necesitábamos e o dominio incrementouse.
Claudia de xogada individual faría o segundo e definitivo gol que nos pon a final desta Copa da costa. Noraboa o Corme, pola tempada, o esforzo, e a atención que nos prestou”.

Corme CF : Lucía; María, Laura (Natalia), Aroa, Irene, Vero; Olalla, Ana (Mónica), Carla, Cris e Nerea (Ana). Tamen no banco : Candela e Salomé.

Xallas FC : Rosío, Carla, Alicia, Saskia, Andrea Barbeira, Andrea Otero, María Rial, Noe, Yasmina, Olalla e Michelle. Tamén xogaron : Yaiza, Inés, Paula, Laura e Claudia.

Goles : 0-1, Noelia, (65´); 0-2, Claudia, (90´).

Árbitro : Vitor Recarei Añón, asistido nas bandas por María Pérez e Sergio Insua. Amonestou a Carla polo Corme e a Noelia polo Xallas.

 

 

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Dumbría : Santi Cubelo