CRÓNICAS : “VITORIAS DO MIÚDAS, XALLAS E CEE, EMPATE DO MAZARICOS E ESTREPITOSA DERROTA DO DUMBRÍA, NA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMEININA G4”.

 

ED As Miúdas 3-0 SD O Pino

Encontro controlado polo equipo muradán que se adiantaba a media hora de xogo por medio de Bárbara, e cinco minutos despois Pati xa deixaba encarrilada a vitoria. A propia Pati aos poucos de comezar a segunda metade facía o terceiro, (57´).

Victoria FC “C” 0-2 Xallas FC

Tras unha primeira metade na que non se movería o marcador, Lucía abríao antes da hora de xogo, (54´). A propia Lucía, protagonista do encontro, facía o segundo no 76, para firmar a octava vitoria xalleira e sguir a estela do lider SR Calo, a 3 puntos.

CD Rois 0-3 UC Cee

Deixou o equipo ceense pechado o encontro na primeira metade. Saray no 23 abría o marcador, e nun final fantástico da primeira metade, Sharay, (40´), e Minerva, (43´), deixaban sentenzado o choque, para na segunda, controlar e deixar morrer o choque.

 

CF Mazaricos 1-1 AD Nicrariense

Silvia aos 23 minutos de xogo poñía por diante as mazariquenses, resultado co que se chegaba ao descanso. Xa na segunda metade o empate chegaría no 62, cando Noa batía a María Pedrosa. 

SR Calo 12-2 CF Dumbría

Varapau do lider ao Dumbría que em pouco máis de media hora deixaba o choque máis ca finiquitado, cun craro 5-0. Era para fregarse os ollos, pois nada que ver co Dumbría que estamos acostumados a ver. A segunda ainda sería peor, ata caer a ducia. Eva Lema facía o primeiro das dumbriesas que supoñía o 6-1, e Juliette facía o outro, que supoñia o 9-2.

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia