CRÓNICAS : “VITORIAS DO MAZARICOS SOBRE O DUBRA E DO XALLAS SOBRE O MIÚDAS, NOS ENCONTROS SABATINOS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA”.

 

Xallas FC 2-1 ED As Miúdas

Derbi xogado de poder a poder antre duas das escadras fortes da costa, e da liga. Adiantouse pasada a media hora de xogo o equipo xalleiro, cun tanto de Yasmina, (35´), resultado co que se chegaba o descanso. Buscaron a igualada as muradanas, pero sería de novo Yasmina a que marcaba para as de Santa Comba, (51´). Noin conseguieu o gol que as metese no partido o equipo de Muros, ata o minuto 82, cando Marcela batía a Rosío. Con estes 3 puntos o Xallas empata na cabeza da táboa co SR Calo, que visita hoxe o Nicrariense ás 20:00 horas.

 

SD Dubra 1-2 CF Mazaricos

Visitaban as de Mazaricos ao colista da liga, e o encontro complicouse en demasía, xa que se adiantaban as dubresas antes do descanso por medio de Íria, (38´). Non foi ata o treito final cando Ánxela conseguía igualar a contenda, (79´), e xa morrendo o encontro Íria, pero neste caso a mazariquense, conseguía o gol da remontada e a postre, o da vitoria, (86´). Con estes 3 puntos as mazariquenses chegan os 10 puntos e consolídanse na zona de premanenza.

 

Axenda de todo o Fútbol da Costa senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia