CRÓNICAS : VITORIAS DE LAXE E SOFÁN NOS ENCONTROS SABATINOS DA 3ª DA COSTA.

Foto desta tempada do Laxe.

 

SD Laxe 6-2 SD Ameixenda

Saeu respondón o Ameixenda en Laxe, e por primeira vez na tempada e nada máis sacar de centro, na primeira chegada a porta contraria poñíase por diante cun tanto de Crístian Canosa, (1´). Dez minutos despois Pedro empataba para os laxenses, pero de novo sorprendía o equipo ceense que se voltaba a poñer por diante cun tanto de Óscar, (15´). O empate chegaría a media hora de xogo i era Pedro o que volvía a batir o meta amexeindés. Puido dar a sorpresa e sacar algo despois de moito tempo o equipo de Ameixenda, xa que ademáis o Laxe estaba con tan só un xogador de recambio, pero a expulsión de Evaristo a hora de xogo xusto despois do terceiro de Pedro, caía coma unha lousa. Iker xa deixaba practicamente resolto o choque, (71´), e xa nos instantes finais, Fran, (86´), e Aarón, (desconto), completaban un resultado de tenis. O laxe chega aos 26 puntos poñéndose provisionalmente no 11º posto cos mesmos puntos co Sporting Seaia, (10º).

 

Atlético Pereiriña FC 0-5 SD Sofán

Cómodo trunfo dos de Barca que xa ían o descanso con 0-2, con tantos de Daniel Calvete, (12´) e Adrián Fraga, (27). Co encontro controlado dende a hora de xogo que chegaba o terceiro, por parte de Mario, (60´), foron incrementando o marcador a razón de gol cada 10 minutos, con Adrián Fraga como executor, (70´e 80´). Con este trunfo o equipo sofanista ponse provisionalmente de segundo con 51 puntos a espera do que faga o Soneira, (49 puntos), na “Vila da vida”, ante o SCD Malpica, na tarde deste Domingo, (17:00 horas).

 

 

 

-Foto : FaceBook SD Laxe

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies