2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA
-9ª Xornada-
Esta pasada xornada xogáronse 2 encontros o sábado, (Grupo 4), un deles o derbi-Xallas-Miúdas, e o outro o Dubra-Mazaricos, dos que xa vos trouxemos as crónicas ao remate dos mesmos. Os encontros do Grupo 2, co Dumbría, Cee, Cerqueda e Corme, xogaronse o Domingo, e aquí tedes as crónicas e como van na liga. Esta vindeira fin de semana non hai competición, pois para ata o 18 de Nadal, que se retomará a actividade.
Grupo 2
Ponteceso SD 2-2 Sporting Burgo
Un punto máis para as da Vila do Pondal na loita por quedar o máis arriba posible nesta histórica primeira tempada, e ante un rival dos que buscan a promoción. Decideuse todo nunha primeira metade moi movida, e na que as rapazas de Marcos Curro, poñíanse moi pronto cun 2-0 moi venturoso, con goles de Andrea Varela, (1´), e Andrea Rodríguez, (29´). Reaccionaron as burguesas, e conseguían empatar antes do descanso, con goles de Ainhoa, (33´), e Adriana, (41´). A segunda metade ainda que auguraba que tamén sería movida, no marcador non foi así. As pontecesanas chegan aos 10 puntos, ocupando a 9ª posición, véndose superadas polas veciñas de Corme, que vencían en Crendes.
Xuventude Crendes CF 2-4 Corme CF
Bo encontro das cormelanas, que a pesares de errar na saida o campo e ver como se adiantaban as rivais, ao minuto de xogo, por medio de Paula, (1´), remontaban pola vía rápida e xa se ían o descanso gañando 1-3, con goles de Irene, (5´), e Naroa, (7´e 30´), por partida dobre. Na segunda metade repetía Naroa, (75´), e acurtaba no marcador Noa, (desconto), para o definitivo 2-4. As cormelanas chegan aos 12 puntos e suben a 8ª praza, superando as veceiñas de Ponteceso que igualaban co Sporting Burgo.
UD Cerqueda 1-3 UDJ Almeiras
Comezou mal o equipo cerquedense que pronto se vía superado no marcador. Remuiñán facía o primeiro aos 8 minutos de xogo, e repetía antes do descanso, (40´). A segunda metade foi máis igualada e non foi ata o 84 facía o terceiro o equipo visitante, por medio de Claudia. Paula Veiga facía dous minutos despois o gol da honra das cerquedenses. O equipo de Cerqueda segue sen puntuar.
Grupo 4
UC Cee 4-0 Victoria CF “B”
Encontro tranquilo para un Cee que se foi o descanso gañando por 2-0, con goles de María Lijó, (4´), e Nerea Suárez, (36´), e que na segunda metade, co choque controlado, facía os outros dous goles. Nerea repetía a hora de xogo, e Ruth 3 minutos despois facía o cuarto e definitivo, 4-0. As ceenses suman 20 puntos e continúan na 4ª praza, pero recortandelle ao terceiro Praiña Sporting Club, que o teñen agora a 1 punto. O segundo por enriba é o Xallas, que seguen tendo a 2 puntos, e o lider o SR Calo a 6.
CF Dumbría 7-0 Praiña Sporting Club
Repaso en toda regra das dumbriesas ao que era segundo clasificado, e que fai que se aprete a cabeza da táboa, e dalle a elas mesmas máis opcións a engancharse a ela. Juliette, Paula Fandiño, (2), e Ainoa. Paula Fandiño repetía a volta de vestiarios, Kelly facía o quinto materializando un penalti, e Ainoa e Yolanda, completaban a goleada. Con este trunfo as dumbriesas suman 18 superando As Miúdas, que caían o sábado ante o Xallas, e situanse así as de Fran Figueroa en posto de posible promoción, e 2 do Cacheiras, (5º), e UC Cee, (4º), ambos en promoción.
ENCONTROS DO SÁBADO
Crónicas : PREME AQUÍ
-Foto : Jorge Villar “Gorrión”
-Texto e montaxe : piratasdemuxia