SD Camelle 1-2 CD Baiñas
Plantoulle cara o Camelle ao segundo clasificado da liga, que se adiantaba a media hora de xogo por medio de Javier Oreiro, resultado co que se chegaba ao descanso. Os camelláns pediron un penalti por un manotazo na cara, do meta visitante a Carlos de Dido, nun saque de curruncho. Na segunda metade Gabriel empataba para os camelláns, (50´). Co encontro bastante bronco, con moitas faltas e interrupcións, Raúl poñía por diante aos baiñeses, (73´). Un gol moi protestado polos camelláns, xa que Raúl levábase o balón claramente ca man no man a man co meta, Roi. O final sería expulsado Carlos de Dido polas protestas o colexiado do encontro, o baiés, Manuel Espasandín.
Sporting Seaia CF 1-2 Atlético Pereiriña FC
Encontro xogado de poder a poder, que non se rompeu ata o treito final, cando Sergio adiantaba aos seaieses, (79´). Gol que revolucionaba o encontro, pois a resposta dos da Pereiriña era contundente, cun Carlos Antelo, que se convertía no protagonista do encontro, con dous goles en 3 minutos, para remontar, e acabar levándose a vitoria, (83´e 85´).
CF Mazaricos 0-3 SD Negreira
Ponse lider provisionalmente o equipo nicrariense, tras unha vitoria incontestable, ante un Mazaricos que non deu nunca o brazo a torcer, a pesares de ir perdendo xa dende o minuto 4, cando Brais, batía por primeira vez a Pablo Pose. Na segunda metade José Caamaño, facía o segundo dos viisitantes, e Chrístian completaba a goleada no 76.
Axenda de todo o Fúbol senior masculino, feminino e veteranos da costa : PREME AQUÍ.
-Fotos e Texto : piratasdemuxia
-Foto Mazaricos : Jorge Villar “Gorrión”.