CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER
Fin de semana no que se daba un feito histórico para o club xa que o equipo cadete masculino acadaba un histórico ascenso a División de Honra despois de asegurar a segunda posición en Liga Galega.
Na Liga Galega Cadete Masculina e dentro 25ª xornada no seu grupo Norte o Fisober visitaba ao AJ Pombo Hércules FS na tarde do venres en partido disputado no P. Barrio das Flores con resultado de catro a seis a prol dos costeiros.
Polo Fisober formaron: David, Juan Emilio, Pablo Costa, Javi, Iago Larrañaga; tamén xogaron: Brais, Mario, Álex, Iago Insua, Adrián.
Os goles costeiros foron obra de Iago Larrañaga en dúas ocasións, Juan Emilio, Adrián, Iago Insua tamén en dúas ocasións.
Os colexiados foron Franco Campagnoli e Alejandro Prego.
A vindeira semana remata a liga para o conxunto costeiro dirixido por Ana Mouzo recibindo ao Hormigones Laracha O Parrulo B.
Na Liga Galega Infantil Masculina e dentro da 9ª xornada no seu grupo Norte Subgrupo 2 segunda fase o Fisober visitaba ao Stellae Karymo Peluqueros na tarde do domingo en partido disputado no PM Grupo Escolar de Padrón con resultado de seis a cero a prol dos locais.
Polo Fisober formaron : Adrián, Eloy, Xavi, Mario, Pablo Taboada; tamén xogaron: Miguel, Borja, Rubén, Gael.
Os colexiados foron Adan Cabo e Nicolás Antonio Cutrone.
A vindeira semana para rematar a liga o Fisober recibe ao SCRD Narón O Freixo.
-Foto e Texto : Prensa Fisober FSF