Crónica do encontro do Bergantiños FC, único representante da costa na 1ª División Galega Feminina, PREME AQUÍ.
Unha vitoria, un empate e unha derrota nos equipos que temos na 2ª División Galega G1. A vitoria foi para o Xallas FC, que representa a primeira do curso, o UC Cee sumaba un punto moi traballado e o Miúdas víase superado na casa.a
O ED As Miúdas que xogou ante o Brexo.
ED As Miúdas 0-3 Brexo Lema SD
Luis Ferreiro “Lucho”, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Unha tempada na que nos vai tocar aprender moito. Un equipo que foi superior, tentamos plantarlle cara pero xa na segunda parte foinos máis difícil e vímonos superadas.
A seguir aprendendo dunha competición moi bonita”.
ED As Miúdas : Adriana Siaba, Atenea, Elba, Alba, Sabela, Pati, Cris, Sofía, Marta, Gala e Paula. Suplentes: Naiara, María, Adriana e Ana.
Goles : 0-1, Nerea, (45´); 0-2, Antía, (68´), 0-3, Andrea, (85´).
Árbitro : Óscar Costa. Non ensinou ningún cartón.
Próximo encontro
SCD Milagrosa-ED As Miúdas
******
Xallas FC 3-2 SCD Milagrosa
Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “Primeira a vitoria do Xallas nesta nova categoría, que nos da ánimos para ir a por máis…O Xallas saíu moi enchufado e entre Olalla e María, que fixo un “Hat-trick” xa na primeira parte decidiron o choque para ir cun 4-0 co partido decidido o descanso. Na segunda metade con moitos minutos para as do banquiño, e cun calor asfixiante, baixou o ritmo do partido e aínda así Paula Barcia e Luchy redondearon o resultado final. Bo partido a pesares das ausencias neste choque de, Yasmina, Leti e Maite que esperamos nos poidan axudar na próxima saída contra o Silva coruñés”.
Xallas FC : Rosio; Laura, Saskia, Andrea Otero, Carla Landeira; Luchy, Andrea Barbeira, María; Noelia, Paula Barcia e Olalla. Suplentes: Alicia, Inés, Paula Gándara, Daniela e Zaira.
Goles : 1-0, María, (4´); 2-0, Olalla, (8´), 3-0, María, (19´); 4-0, María, (19´); 5-0, Paula, (52´); 6-0, Luchy, (81´).
Árbitra : Luis M. Insua. Non amosou cartóns.
Próximo encontro
Silva SD-Xallas FC
******
UD Carral 2-2 UC Cee
As ceenses conseguiron recuperar un punto tras ir perdendo ao fía da hora de xogo por 2-0, pero non se viñeron abaixo e conseguiron igualar no treito final.
Buscamos colaborador/a para os comentarios e fotos do UC Cee feminino, (626 72 00 47)
UC Cee : Noemi, Lucía Facal, Lucía Rodríguez, Nerea, Paula, Saray, Lucía Caamaño, Sharay, Nayara, Lucía Martínez, e Laura. Suplentes: Sabela, Lucía Sieira e Minerva.
Goles : 1-0, Sabela, (23´); 2-0, Ana, (52´), 2-1, Lucía Martínez, (65´); 2-2, Nerea, (83´).
Árbitro : Fernando Martínez. Amonestou a Lucía Rodríguez do UC Cee.
Próximo encontro
Brexo Lema SD-UC Cee
******
-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ
-CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ
*****
-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Texto : Adestradores
-Foto ED As Miúdas : Lucho ferreiro