CRÓNICAS : “VITORIA DO UC CEE NO DERBI ANTE O XALLAS FC, E DERROTAS DO UD CERQUEDA E ED AS MIUDAS NA 19ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3

O UC Cee preto de asegurar a segunda praza.

 

UC Cee 2-0 Xallas FC

Vitoria traballada do UC Cee nunha xornada na que venceron tanto o lider CF Noia, coma os perseguidores, facendo que a falla de 3 xornadas para o remate da liga regular as ceenses manteñan o colchón de 7 puntos co segundo SR Calo, podendo para a semana asegurar a segunda praza. O derbi da costa fragouse en favor das ceenses na primeira metade, na que Uxía facía o primeiro gol aos 22 minutos de xogo e Lucía Martínez facía o que a postre sería o definitivo 2-0 xusto antes de irse o descanso. Na segunda metade xa non se movería o marcador.

O vindeiro Domingo 27 de Marzal xógase a 20ª xornada, cando o visitará a partires das 12:00 o “Municipal de Rebordelo” para enfrontarse as segundas, SR Calo, nun choque no que un empate xa finiquitaría a segunda praza para as de Cee, que suman 43 puntos por 36 as do Calo. Unha vitoria acercaríaas a 1 punto do lider CF Noia que descansa a vindeira xornada. As xalleiras que recibirán no “A Fontenla” ao ED As Miúdas, dende á 18:30 horas do sábado 26 de Marzal, suman 19 puntos e mantéñense na 7ª praza.

 

CD Unión 1-0  ED As Miúdas

Segue na boa onda o equipo muradán, que a pesares de perder, fixeron un bo encontro ante o 6º clasificado. A derrota foi a raiz dun tanto a madia hora de xogo, materializado pola local, Yaiza.

O vindeiro sábado 26 de Marzal xógase a 20ª xornada, cando o ED As Miúdas visita no derbi da costa ao Xallas FC no “A Fontenla“, a partires das 18:30 horas. As muradanas continuan na penúltima praza con 5 por enriba do colista Amio SD. As xalleiras continúan na 7ª praza con 19 puntos.

 

CF Noia 3-1 UD Cerqueda

Era moi complicada a visita das cerquedenses, xa que tiñan en fronte ao lider intratable, ainda así e todo plantaron cara en todo intre, a pesares de que as noiesas poñíanse con 3-0, o primeiro deles na primeira metade, obra de Sandra, (28´). Na segunda metade prevaleceu o poderío das da Terra do Berberecho, que abrían fenda cun tanto de Melania, 875´), e mataban o encontro pouco despois con outro de Laura, (77´). Non baixaron os brazos as costeiras e conseguían acurtar no 86 por medio de Paula. 

O vindeiro Domingo 27 de Marzal xógase a 20ª xornada, cando o UD Cerqueda recibirá no “Xaviña” de Buño, ao colista Amio SD. As cerquedenses continúan na 5ª praza, a 2 puntos do Cacheiras SD , que marca os postos de promoción, e que non xogou nesta xornada e igualanse os encontros xogados. Pola sua banda o lider CF Noia, descansa na antepenúltima xornada.

 

OUTROS RESULTADOS

Amio SD 0-6 Victoria FC “C”

Praiña Sporting Club 0-5 SR Calo

Descansou : Cacheiras SD

 

-Fotos : Víctor Hugo

-Texto : piratasdemuxia