Na Preferente Norte boa vitoria do Sofán ante un rival complicado como é o Boiro. Na 1ª Galicia G2 o Baio ainda que perdeu segue tendo a tiro a salvación. O fisterra levábase o derbi no Platas Reinoso. Tamén penalizaba o San Lorenzo que caía goleado na casa do lider, Negreira, e igualmente o Dumbría que sufría a derrota na sua visita o Cordeiro. A ledicia maior chegaba por parte da Esteirana que deu un paso moi importante de cara a salvación tras vencer o Agolada, rival pola direto pola permanenza cos de Esteiro e moito máis co Baio.
SD Agolada 1-3 SCDR Esteirana
Vitoria importantísima do equipo esteirán que con esta vitoria pon unha marxe de 11 puntos co descenso con 15 por disputar. Tras una primeira metade na que non se movía o marcador adiantábanse os costeiros cun tanto de Elías, nada máis voltar do vestiario. A resposta dos agoladenses era inmediata e na seguinte xogada tralo gol esteirán igualaban ciun tanto de Álexandro. Non se viña abaixo o equipo muradán e chegaba un gol clave, pois tres minutos despois de recibir o empate, (51´), voltaba a poñerse por diante o equipo de Esteiro. Xa no treito final, Elías, repetía e daba a tranquilidade necesaria para levarse os 3 puntos. Suben os esteirán a 11ª posición superando con 38 putos ao San Lorenzo que caía en Negreira.
Cordeiro CF 3-0 CF Dumbría
Mal encontro dos dumbrieses que se viron superados na primeira metade na que os santiagueses se poñían 2-0 con goles de Adrián, (22´) e Manuel, (40´). Na segunda metade trataron de meter ese gol que os puxese no encontro os de Pablo Conde, pero non chegou. O equipo local deixou ir pasando os minutos con fútbol control e matou o choque no 86 cun tanto de Moisés.
Makaay fixo o terceiro dos fisterráns.
CD Baio 1-3 SD Fisterra
O Baio segue a aproximarse a Liga da Costa tras perder o segundo derbi consecutivo, nada que ver ca primeira volta na que sacou algo en todos. Os de Félix Raposo non foron inferiores ao Fisterra, menos na eficacia de cara a gol. Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador, ainda que ambos tiveron ocasións, (máis o Fisterra), pasouse a unha segunda na que Diego Estévez abría o marcador na hora de xogo. Non se veu abaixo o Baio e puido igualar por medio de MC, pero foi Rubén o que facía o segundo para os fisterráns, xa no treito final, (81´). Roberto acurtaba distanzas no desconto e o choque collía vida, pero aparecía Makaay para deixar todo resolto pouco despois do gol dos baieses. Con este resultado o Fisterra chega aos 42 puntos na 8ª posición, a 2 do Dumbría, (7º). Pola sua banda o Baio sigue a 1 punto da salvación con 29 puntos gracias a vitoria da Esteirana sobre o Agolada.
Negreira 4-0 San Lorenzo
A pesares de que o lider se adiantaba aos 11 minutos de xogo cun tanto de Alberto, non foi ata a hora de xogo cando chegaba o segundo, por medio de Gonzalo, cando o encontro se decantaba definitivamente a pos do lider. Brais tranformaba un penalti no 75 e pouco despois Crístian facía o definitivo 4-0, (86´).
*****
PREFERENTE NORTE
CD Boiro 2-3 SD Sofán
Gran primeira metade do Sofán que se poñía 0-3 con goles de Javier Souto, (21´), Marcos, (34´) e Javier, (40). O propio Javier dáballe ás os boirenses o marcar en propia porta. Na segunda metade tocou sufrir para os sofanistas e máis a partires do 65 co tanto local por medio de Mario. Soubo sufrir e levarse os 3 puntos o equipo carballes para sumar 41 puntos e situarse na 8ª posición cos mesmos puntos co Montañeros, (7º) e a un do Miño, (6º).
-Foto : Luis González Botas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”