Martinsiño volveu a Arliña, onde se criou como xogador.
Tres encontros se xogaron na tarde deste sábado 8 de Febreio, un deles no Municipal da Arliña, correspondente a 3ª da Costa, o que enfrontaba o filail do Muxía e o Camelle, (3-2), e dous deles da Liga da Costa, un no San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee), no que o Baio como visitante facía máis ferida nas dilas do Cee cunha inapelable goleada, (1-6), e no Pino do Val o Camariñas gañaba un encontro cheo de alternativas e de polémica, (2-3). Aquí tes as crónicas dos encontros de hoxe. No da Arliña estivemos presentes e no de Cee, non temos colaboración.
Destacar no feminino a brilante vitoria do Deportivo ABANCA na casa do que era o terceiro clasificado a Real Sociedad, (1-2). Todo un golpe enriba da mesa das deportivistas que buscan escapar do descenso, agora a 6 puntos.
Na “AXENDA PIRATA” podes ver todo o que reta da sligas senior da costa femininas e masculinas e nos 3 equipos prienicipas deste senso do RC Deportivo.
3ª DA COSTA
-19ª Xornada-
CF Muxía B 3-2 SD Camelle
Xusto se presentou a auga de borraxo para o encontro que se xogaba na Arliña nun choque no que se enfrontaban o filial do Muxía e un Camelle pragado de baixas pero que conta con moitos xogadores criados no clube muxián. Foi mellor o Muxía na primeira metade e foi o que gozou das mellores ocasións, duas que sacou David Camaño, unha que ía a escadra e outra por baixo, e outras duas que acabaron dentro. A primeira de Adrián “Repu”, pasada a media hora de xogo e a seuginda de Damián tras un rebúmbio no área pouco despois.
Na segunda metade xa co vento a favor os camelláns buscaron o gol que os puxera no encontro e conseguírono por medio de Lucas Caamaño a hora de xogo. Parecía que as tornas se trocaban co de costume “ritual”, de que o que leva o vento a favor trunfa, pero chegaba un gol dos locais, de novo de Damián, que desbarataba as esperanzas dos visitantes. Tocaba defender para os de Isidro e ir con todo os do Crejo e chegou o gol de Estiben para poñer o 3-2 e dar vidiña o choque ata o pitido final.
Goles : 1-0, Adrián, (33´); 2-0, Damián, (38´); 2-1, Lucas Caamaño, (60´); 3-1, Damián, (68´); 3-2, Estiben, (75´).
LIGA DA COSTA
-19ª Xornada-
CF Mazaricos 2-3 Camariñas FC
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido moi completo do Camariñas en tódolos sentidos, a pesar dun resultado que foi excaso debido a gran cantidade de ocasións que desperdiciamos sobre todo na segunda metade.
Partido no que a pesares de quedar con dez cando o marcador era de 2-2, o equipo sacou orgullo e clase para dominar e ir a polo partido, donde o premio chegaría nos minutos finais.Tres puntos para seguir na loita na cabeza da clasificación”.
Goles : 0-1, Javier Antelo, (4´); 1-1, Bryan, (15´); 1-2, Martín, (45´); 2-2, Adrián, (64´); 2-3, Hugo, (85´).
UC Cee 1-6 CD Baio
Goles : 0-1, José Antonio, (3´); 0-2, Martín MC, (15´); 0-3, José Antonio, (47´); 0-4, José Antonio, (54´); 0-5, Martín MC, (62´); 1-5, Ezequiel, (85´); 1-6, Sergio, (89´).
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”