CRÓNICAS : “VITORIA DO DUMBRÍA ANTE O BAIO, GRANDES VITORIAS DE FISTERRA E ESTEIRANA E EMPATE DO SAN LORENZO NA 1ª GALICIA…GOLEADA DO SOFÁN NA PREFERENTE”.

 

Boa semana “antre comiñas” para os equipos costeiros da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago ,xa que sumamos 3 vitorias, un empate e unha derrota. O de “antre comiñas” ven porque unh das vitorias e a derrota son no mesmo encontro, no derbi costeiro no que o Dumbría derrotaba o Baio e o que era peor ainda, que polos resultados os baieses caeron a descenso. Vitorias de alto “standing” as do Fisterra ante o lider, e a do Esteirana ante o Flavia, un equipo chamado a xogar como mínimo a promoción e empate do San lorenzo ante un igual que loita por non pasar apuros ao igual cos verdilleses.

 

Tordoia 3-0 Dumbría

O mellor situado na clasificación dos costeiros é o Dumbría que con 41 puntos a sétima posición cos mesmos puntos co 6º, o Flavia e queda agora a 6 do seu rival desta xornada o Tordoia, que se levou o encontro o estar máis atinado de cara a porta nun choque máis igualado do que di o 3-0 final.

 

Unión 6-2 Fisterra

O Fisterra que con 36 puntos está situado un chance por debaixo do Dumbría, ocupando a 8ª praza, caía goleado nun encontro no que aos 26 minutos de xogo xa perdía por 4-0 e a volta de vestiarios xa subían os rianxeiros o quinto. Rubén e Diego Estévez fixeron os goles fisterráns.

 

O Dumbría levouse o derbi con autoridade.

 

Dumbría 3-0 Baio

Xusta vitoria do Dumbría que pon en problemas ao Baio que cae a posto de descenso, arrastrado pola vitoria do SD Valiño que derrotaba popr 2-1 a outro dos rivais pola permanenza, o Praiña Sporting Club. No derbi un gol de Raúl aos 4 minutos de xogo rachou as intencións dos baieses que vían como o propio Raúl facía o 2-0 a media hora de xogo. Tras refrescar a cabeza no descanso, os baieses sairon na procura dun gol que os metese de novo no encontro, pero controlou ben o Dumbría e soubo matar o encontro cun tanto de Canario a hora de xogo. Logo o control por parte dos dumbrieses xa foi máis patente cun Baio ferido. O Dumbría suma 44 puntos na 7ª posición e ponse a 3 do Flavia SD que caía ante o Esteirana. Pola sua banda o Baio cae a antepenúltima praza, a que marca o primeiro posto de descenso a 1 do SD Agolada que é quen marca a salvación, e a 1 tamén do SD Valiño, e 4 do Praiña.

 

Esteirana 3-2 Flavia   

Importantísima vitoria dos esteiráns ante un dos equipos fortes da liga que buscaba seguir con opcións de entrar na promoción. Ademáis os esteiráns tiveron que ter fortaleza mental para asimilar que tras adiantarse cun tanto de Martín en propia porta padronesa, (5´), viron como lle remontaba ipsofacto o Flavia con goles de Jorge Rama, (7´ e 11´). Rober “Pladur” acadaba o empate antes do descanso, cousa que foi clave. Xa na segunda metade en lugar de especular buscaron o gol da vitoria e por tesóns chegaba nos derradeiros intres de encontro por medio de Simón, (86´). Con esta vitoria a Esteirana sube a 12ª posición con 35 puntos a 6 do descenso direto e poñéndose a 1 do Calo, (11º), a 2 do San Lorenzo, (10º) e Bertamiráns, (9º) e a 4 do Fisterra, (8º).

 

San Lorenzo 0-0 Calo

Empate a ceros que ben pido ser a varios goles dadas as ocasións creadas por ambos equipos. Dominou cada tempo o que tivo o vento a favor, que soprou con forza e fixo que se xogara moi direto. Estiveron máis acertadas as zagas e porteiros ca os atacantes. O San Lorenzo cae a 12ª posición arrastrado pola vitoria do Bertamiráns, que os supera cos mesmos 37 puntos por golaveraxe. O Calo que chegaba cos mesmos puntos cos de Verdillo, continua igual, pero por detrás por golaveraxe. Os verdilleses aumentan a distanza co descenso a 8 puntos.

 

Fisterra 3-1 Negreira

Saeu o Fisterra co debido respecto a un lider intratable que tan só perdera 3 encontros en toda a liga e ese respeto perdeuse cando a media hora de xogo Diego Estévez facía o primeiro. En lugar de especular non perderon de vista a porta contraria os fisterráns ante un Negreira que buscaba a igualada, pero esta non chegaría. Xa na segunda metade e aparecía “Makaay” para poñer un merecido 2-0. A cousa xa ía para control e busca de contragolpe ou balón parado. Pasada a hora de xogo Gonzalo acadaba o gol que os metía no encontro, pero a reacción foi inmediata e posiblemente o mellor que podía pasar, pois 2 minutos despois, de novo “Makaay” batía a Dacuña novamente para sumar 3 novos puntos e chegar os 39 na 8ª posición 5 puntos por detrás do Dumbría, (7º) e con 10 sobre o descenso.

 

 

*****

PREFERENTE NORTE

 

SD Sofán 4-0 Eume Deportivo

Na Preferente o Sofán goleaba o Eume nun choque totalmente controlado e no que Dani Pallas, (28´) e Parafita, (44´), xa deixaban o choque favorable o descanso. A volta de vestiarios nada cambiou e Currás facá o terceiro que xa daba maior tranquilidade a hora de xogo. Dez minutos despois Braián, xa finiquitaba o choque. Decimosegunda vitoria dos sofanistas que con 42 puntos ocupan a 8ª praza a 2 do Montañeros, (7º) e a 3 do Miño, (6º).

 

-Foto : Luis González Botas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies