CRÓNICAS : VITORIA DE SONEIRA E SAN LORENZO, E DERROTA DO BAIO, NOS ENCONTROS XOGADOS O SÁBADO POR EQUIPOS COSTEIROS.

 

SD Tordoia 1-2 Soneira SD

Importante vitoria dun Soneira que se poñía moi pronto por diante, tras materializar Aarón unha pena máxima aos 8 minutos de xogo. Non tardou en empatar o Tordoia, por medio de Denís, (20´), resultado co que se chegaría o tempo de lecer. Xa na segunda metade Ricardo faría o gol da vitoria vimiancesa, (53´). No tempo de desconto final, os tordoieses perdían a Adrián Pombo por vemello direto. Suma así o Soneira 21 puntos e sube momentaneamente a 7ª praza.

 

CD Baio 2-3 Cordeiro CF

Mala sorte para un Baio que remontaba o tanto dos visitantes, que se adiantaban no marcador, na segunda metade, trala igualada sen goles da primeira parte. Pablo, (55´), e Aday, (68´), facían os goles baieses. Samuel empataba no treito final e Magariños, facía o gol da vitoria no tempo de desconto final, levándose os 3 puntos do Platas Reinoso. Os de Baio van na 10ª posición con 16 puntos e poderían ser rebasados hoxe polo Cruces, Agolada, ou Mazaricos.

 

 

SD San Lorenzo 4-0 UD Corcubión

Prácido encontro para o lider que deixou sentenzado e finiquitado o encontro nunha excelente primeira metade, cos goles de Jairo, (17´), Eloy, (29´), Iván Rojo, (31´), e de novo Jairo, (42´), antes de irse o descanso. A segunda metade foi de control, con todo peixe xa vendido. Chega así o equipo de Berdillo aos 30 putnos, e pon presión aos seus perseguidores.

 

Axenda de todo o Fútbol da Costa senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia