CRÓNICAS VETERANOS DA COSTA : “O SAN LORENZO SEGUE IMPARABLE HACIA O TÍTULO NA DIVISIÓN DE HONRA, E NA 1ª GALICIA AO OZA ACLÁRASELLE O CAMIÑO POLO CAMPIONATO”.

 

O San Lorenzo segue o seu, derrotaba nesta xornada ao Sporting Zas, terceiro clasificado, e vai a marcha de cruceiro hacia a reválida do título de campión. Os zacenses plantaron cara, pero o lider ten dinámica gañadora. Non fallou o segundo, San Román, que tivo que sufrir para levarse os puntos ante o seu veciño, San ramón, cun solitario gol de Óscar Suárez aos 55 minutos de xogo. O colchón dos de Berdillo cos de da Laracha é de 8 puntos máis golaveraxe, con 18 por disputar.

Por abaixo só o Mazaricos pode ter opcións de salvar a categoría, co Leiloio a 3 puntos, que serán os que loiten por non acompañar ao Fisterra a 1ª Galicia.

Noutro ámbito de asuntos, o Arasolis a pesares do desánimo tralo accidental encontro da pasada semana en Cabana, con ata 4 expulsados e cunhas sancións desorbitadas, xuntou xente para xogar ante o Leiloio e goleou, para sacarse de enriba a furia acumulada.

 

AVISO

Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas, baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es

 

CLASIFICACIÓN

 

PROXIMA XORNADA

 

 

************

1ª GALICIA VETERANOS DA COSTA

 

 

O empate do Razo en Buño, despéxalle o camiño hacia o título ao Oza, que derrotaba con sufrimento ao Corcoesto, con goles de Robin e Javi Idlesias, os dous nun minuto e nada máis comezar o encontro, (2´e 3´), para que logo os da Piña acurtasen no 74 por medio de Jorge e deran emoción ata o final. desta maneira os oxenses superan os racenses en 3 puntos, golaveraxe e un encontro menos xogado. Na loita polo ascenso, Malpica e Nantón veñen por detrás do rzao a 6 puntos, polo que todo depende do que fagan os carballeses e de que eles gañen todo.

 

AVISO

Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas,m baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es

 

CLASIFICACIÓN

 

PROXIMA XORNADA

 

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Sporting Zas : FaceBook Veteranos Sporting Zas