Na División de Honra xogouse a xornada 20ª e o lider ACD San Ramón vai gastando xornadas a espera de celebrar o título e o ascenso. Goleou o Corcoesto, (8-2), e supera así os 50 puntos, (51), sumando 11 máis co segundo, Sporting Zas que sufría para gañar o Ponteceso por un axustado 1-2. Non fallou o San Román en Coristanco, (1-3), e olo tanto a loita pola segunda praza que da ascenso direto segue apretada cos zacenses a 2 puntos con 38, e a 3 dos de Zas e a 5 do segundo, Sporting Zas, o Dumbría, que tamén gañaba por un axustado 2-1 ao Oza.
Quedan 6 xornadas, 18 puntos en xogo, o San Ramón podería ser campión en 3 xornadas e a loita pola segunda praza está así : Sporting Zas, (40 puntos), San Román, (38 puntos), Veteranos CF Dumbría, (35), Coristanco, (34), Razo, (32), e San Lorenzo, (32).
Na loita pola permanenza dos 6 últimos, o Corme derrotou no duelo direto ao Soneira, e afástase da zona vermella a que se acerca o equipo vimiancés, (20 puntos), que ve como co empate que acadou o Cabana, empátalle a puntos e ambos a 4 puntos do Castriz que marca o primeiro posto de descenso, e que é o que pode poñer en perigo a continuidade de vimianceses e cabaneses na categoría.
Na 1ª Galicia de Veteranos da Costa o Atlético Carballo a unha vitoria de proclamarse campión de liga, pois como xa vos contamos fai semanas que son novo equipo da División de Honra o levarlle 21 puntos o terceiro, Buño. Goleou ao Fisterra que loita pola promoción, (na que está e marca o derradeiro posto), e xa superan os carballeses a centena de goles, (107). Os de Carballo superan en 9 puntos o segundo, Cances, e con 12 por disputar, un Cances que tamén xogará a vindeira tempada na máxima catgoría do fútbol veterano da costa o sumar 12 máis co Buño, con como decimos 12 por disputar.
A loita pola promoción depende dos propios equipos pois moito terían que fallar, (por non decir todo), xa que Buño, (33 puntos), Mazaricos, Malpica e Fisterra, todos con 29 puntos, superan o Leiloio en 9 con 12 por xogar. Con todo esto falla saber nestas próximas 4 xornadas a posición que ocupará cada un para ver os enfrontamentos finais polo ascenso.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”