CRÓNICAS VETERANOS DA COSTA : “NON HAI QUEN FRENE OS DE ARRIBA TANTO NA DIVISIÓN DE HONRA, (17ª Xda), COMA NA 1ª GALICIA, (15ª Xda)”.

 

O lider San Lorenzo e o segundo, San Román, non ceden e o Sporting Zas tampouco a espera de que falle algún dos dous. Si fallou o  Arasolis FC que lle cedeu o terceiro posto ao equipo zacense, caendo os fisterráns a cuarta poraza. Por abaixo seguen fallando os equipos pero a cuestión é que os dous últimos, Mazaricos e Fisterra non gañan o que fai que sigan lonxe da salvación, que está a 6 puntos para os mazariquenses e a 12 para os fisterráns, que tería que obrarse unha miragre para non descender.

 

AVISO

Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas, baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es

 

CLASIFICACIÓN

 

PROXIMA XORNADA

 

1ª GALICIA VETERANOS DA COSTA

 

 

O lider Oza e o segundo Razo non fallaron e escápanse un pouco na loita polo título e polo ascenso direto pois o terceiro en discordia o Malpica non pasaba do empate e quedaba a 4 do segundo e a6 do lider. O partido máis espectacular da xornada foi o Sofán Soneira que acabou 6-5 e ademáis con tensión ata o pitido final, poi se se poñía 2-0 o equipo sofanista, empataba o vimiancés, e tras poñerse 3-2, os de Sofán, remontaban os de Vimianzo, e chegaban ao tempo de engadido cun empate a cinco no marcador, (5-5), pero un gol de Carlos Reyes nese tempo dáballe os 3 puntos os do Carral.

AVISO

Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas,m baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es

 

CLASIFICACIÓN

 

 

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia