CRÓNICAS VETERANOS DA COSTA : “NA DIVISIÓN DE HONRA O SAN LORENZO SEGUE RECURTÁNDOLLE XORNADAS O TÍTULO, NAMENTRAS QUE O FISTERRA XA ESTÁ DESCENDIDO…NA 1ª GALICIA OZA PINCHA E EMPATA A PUNTOS CO RAZO, PERO SEGUEN DEPENDENDO DELES MESMOS”.

 

O lider San Lorenzo non amosa fisuras e goleaba a domicilio ao Ponteceso, (0-3), e ainda que o segundo, San román, goleaba a domicilio ao Arasolis, (0-6), a diferenza segue a ser de 8 puntos, con 12 por disputar.

Por abaixo o Fisterra xa é equipo da 1ª Galicia, pois con 12 puntos por xogar está a 15 da salvación, e o Mazaricos, ten a salvación, que marca o Leiloio, tena a 6 putnos, polo que se aventura unha quimera a salvación.

 

 

AVISO

Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas, baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es

 

CLASIFICACIÓN

 

PROXIMA XORNADA

 

 

************

1ª GALICIA VETERANOS DA COSTA

 

 

A inesperada derrota do lider Oza ante o Soneira, tanto pola derrota como polo abultado da mesma, (5-2), fai que ca vitoria do Razo en Sofán, (1-3), empaten os dous conxuntos na cabeza da táboa, pero cos ocenses como líderes por golaveraxe, pero dependendo de si mesmos nas duas xornadas que quedan, pois o Razo ten un encontro máis. O Razo descansa na derradeira xornada de liga, polo que precisa gañar o vindeiro Domingo, e que o Oza só faga 1 punto nas duas xornadas finais, ou mesmamente que os racenses fagan 1 punto e os ocenses ningún. 

 

AVISO

Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas,m baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es

 

CLASIFICACIÓN

 

PROXIMA XORNADA

 

 

-Foto : Veteranos Dumbría FaceBook

Texto : Xosé Búa “Pirata”