O lider San Lorenzo, gañou con autoridade ante o colista SD Fisterra, cousa que tamén fixo o segundo, San Román, e o terceiro Arasolis. Dos 6 primeiros todos acadaron a vitoria, agás o Dumbría que caía ante o 5º, Ponteceso. Caen así os dumbrieses a 6ª praza, véndose remontados polo Castriz. Por abaixo todo segue igual, e dos 7 derradeiros, só o Coristanco acadou a vitoria e foi ante o Leiloio, un rival pola permanenza e que deixa moi ben aos da Terra da pataca, con estes resultados, e vendo que polo profundo ninguén saca nada nas derradeiras semanas.
AVISO
Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas, baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es
PROXIMA XORNADA
1ª GALICIA VETERANOS DA COSTA
O Oza levouse o encontro da xornada e recupera o liderato unha semana despois de habelo perdido. Xogaban o Razo, que lle arrebatara o primeiro posto aos veciños de Oza, e os ocenses. Un choque que lle podía valer os ocenses para recuperar o liderato, ou aos racenses para abrir distanzas, pero ocurreu o primeiro. Adiantouse o Oza aos 35 minutos de xogo cun tanto de Rubénchegando co 1-0 o descanso. Xa na segunda metade a hora de xogo, Robin facía o 2-0, e poñíalle as cousas moi complicadas aos racenses. Con todo iso os de Razo acurtaban distanzas 5 minutos despois, (66´), o transformar un penalti Marcos. O Malpica, a costa do Corcoesto, (2-1), aproveitou para poñerse de cheo a loita por todo, quedando a 2 puntos do Razo e a 4 do Oza.
AVISO
Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas,m baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es
PROXIMA XORNADA
-Fotos e Texto : piratasdemuxia





