CRÓNICAS : SOFÁN E DUMBRÍA MANTEÑEN O RUMBO NA PREFERENTE NORTE CUNHA VITORIA E UN EMPATE.

Preferente Norte
4ª xornada

Sofán e Dumbría manteñen o bo rumbo na liga

A cuarta xornada da Preferente Norte deixou un balance positivo para os representantes costeiros. O SD Sofán sumou unha nova vitoria diante do AD Miño (1-0) e o CF Dumbría resistiu en Paiosaco cun empate sen goles (0-0) que lle permite seguir invicto no campionato.

O Sofán tivo que agardar ata o minuto 87 para romper a resistencia dun Miño ordenado. O heroe da tarde foi Ismael Rodríguez, que apareceu no treito final para asinar o único tanto do encontro e deixar os tres puntos na casa. Este triunfo coloca aos do Carral na cuarta praza con 9 puntos, os mesmos que os tres equipos que o preceden na táboa. O liderado manteno o Órdenes por mellor diferenza de goles.

Pola súa banda, o Dumbría acadou un meritorio punto no feudo do UD Paiosaco. Os locais levaron o peso do encontro e gozaron das mellores ocasións, mais os dumbrieses souberon resistir con órde e incluso puideron dar o golpe no tramo final cando, Diego Estévez tivo un man a man claro co porteiro peisaqués, pero este acertou a desviar o remate. O empate deixa ao cadro dirixido por Pablo Conde na 7ª posición con 6 puntos, mantendo intacta a condición de invicto.

A Preferente Norte segue marcada pola igualdade na zona alta, con ata catro equipos empatados a 9 puntos e outros tantos aspirando a colarse no grupo de cabeza.

Proxima xornada

05/10/2025

SD Sofán-SDC Órdenes

CF Dumbría-Victoria CF

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”