CRÓNICAS . “SOFÁN E CABANA TOMAN VENTAXE NA IDA DA COPA DA COSTA INFANTIL”.

Joel, a estrela do encontro, abrazado polos seus compañeiros.

 

Sofán e Cabana gañan como locais e sacan unha ventaxe para os encontros de volta. Ben e sabido que nestas categorías nada é definitivo, sexa o resultado que sexa.

 

SD Sofán 2-1 UC Cee

Adiantoudse o equipo sofanista por medio de Rubén aos 10 minutos de xogo e a reacción ceense foi inmediata, pois 3 minutos despois Félix igualaba o encontro. Co empate no marcador chegouse o descanso e non foi ata os derradeiros intres do encontro cando de novo Rubén poñía por diante aos sofanistas para sacar unha ventaxe mínima para a volta.

 

Cabana SD 4-2 Outes FC

Bonito encontro o que se veu nas Redondas e no que os cabaneses levaron o peso do encontro en moitos intres do mesmo. Adiantaba Joel aos de Cabana na primeira xogada de ataque, (3´), resultado co que se chegaba o descanso. Nada máis comezar a segunda parte Pablo empataba para os da serra, pero un penalti no 50 era aproveitado por Joel para poñer de novo aos seus por diante, e nada máis sacar de centro, Álex facía o 3-1, (56´). Non se ven abaixo o equipo outés e conseguía acurtar distanzas por medio de outro Joel, pero desta volta o dos branquinegros, (67´), e como a tarde estaba para os Joel, o do Cabana facía o definitivo 4-2, (79´), e o seu ·Hat-trick” particular, para ir ao Conchido con ventaxe.

 

-Foto : FaceBook Cabana SD

-Texto : Xosé Búa : “Pirata”