Cordeiro CF 2-0 Xallas FC
Segunda saida consecutiva dos xalleiros con derrota, que os fai caer a 5ª praza, superados polo Soneira. A vitoria dos de Valga fragouse no derradeiro treito do encontro cando Isaac, (78´), facía o 1-0 e Stefan era expulsado con vermello direto. Cun menos e tendo que remontar, o que chegou foi o segundo gol dos locais, por medio de Rubén Martínez, aos 85 minutos de xogo, o que foi xa unha lousa para os xalleiros.
Cidade de Ribeira CF 2-1 CF Dumbría
Non foi tan fero como o pintan o lider para os dumbrieses, que só dobraron o xeonllo nos derradeiros coletazos do encontro, cando unha pena máxima no 82, dáballe o primeiro dos goles ao lider. Aguado que materializaba o penalti, marcaría 2 minutos despois, deixando unha clara ventaxe con tan pouco tempo, pero se andivo durmido o equipo dumbriés tras encaixar o penalti, envalentonouse co segundo e acurtaba distanzas por medio de Diego Estévez, (88´), para dar emoción ata o pitido final.
Importante vitoria da Esteirana.
SCDR Esteirana 3-1 CF Vista Alegre
Era un encontro no que non se podía perder. Chegaba o colista ao Xosé Luis Vara, e só valía a vitoria, e ainda que sufrida e moi traballada, acadárona. Adiantábanse os santiagueses por medio de Pablo Martínez, (36´), pasada a media hora de xogo. Resultado co que se chegaba o descanso. Simón antes da hora de xogo, batía por fin ao meta visitante Santi Prado, (58´). Un gol que lle sentaba mal aos visitantes, pois pouco despois, Elías Ruso facía o da remontada, (64´). Co resultado a favor, souberon durmir o encontro os esteiráns, e no no desconto final, Adrián, facía o da sentenza.
SR Calo 3-0 CD Baio
Mal día para peder dos baieses, ante un rival direto, que ademáis de golealos, supéraos na táboa, na loita pola permanenza. Cuarta derrota consecutiva dos baieses, que vían como Jorge Pérez, batía por primeira vez a Crístian, antes do cuarto de hora. Mateo Bello no 67 facía o segundo, e Adrián completaba a goleada no treito final, (85´).
Flavia SD 0-2 Soneira SD
Vitoria moi importante dos vimianceses, na loita por todo, e que se veu fraguado tras unha gran primeira metade de Iván Noya, que facía os dous goles de maneira consecutiva, antes do descanso, (39´e 41´). O choque foi moi intenso, trabado, con moitas faltas, e coas expulsións do delegado de campo local, e a do “mister” dos vimianceses.
-Xogado o sábado-
O Mazaricos sucumbeu ante un dos “cocos”.
CF Mazaricos 0-3 SD Negreira
Ponse lider provisionalmente o equipo nicrariense, tras unha vitoria incontestable, ante un Mazaricos que non deu nunca o brazo a torcer, a pesares de ir perdendo xa dende o minuto 4, cando Brais, batía por primeira vez a Pablo Pose. Na segunda metade José Caamaño, facía o segundo dos viisitantes, e Chrístian completaba a goleada no 76.
RESTO DE RESULTADOS
CD Lalín 1-1 SD Agolada
Puebla FC 3-1 SD Tordoia
CF Silleda 3-1 SD Cruces
CLASIFICACIÓN
-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ
-Foto : SCDR Esteirana
-Texto : piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR