PREFERENTE NORTE
-15ª Xornada-
San Tirso SD 1-2 SD Sofán
Sexta vitoria consecutiva do equipo sofanista, fraguada nunha primeira metade de control e unha segunda na que soubo asestar o golpe. Foi Parafita o que adiantaba aos carballeses a o rematar un saque de curruncho. Non tardou en chegar o 0-2 e foi de penalti transformado por Eibe. O San Tirso meteríase de cheo no encontro o ter un penalti,, que transformaba Adrián, e no que os sofanistas quedaban cun menos o ver a segunda amrela, Parafita. Tocou defender o resultado e conseguírono, para subir a octava praza.
SD Fisterra 0-0 CF Portomarín
Falar dun empate a ceros para o Fisterra agora mesmo é un resultado extraordinario. Primeiro por cortar unha longa noite de pedra , de 5 derrotas seguidas, e despois, manter a porta a cero. este equipo cheo de xoves xogadores, consigueu revertir, siquera por unha semana, e esperemos que máis, unha dura sintonía de goleada tras goleada. Os fisterráns suman 4 puntos e continúan colistas.
-Fotos e Texto : piratasdemuxia