Sen sorpresas nunha Copa da Costa que se non o soluciona o Muxía ante o Xallas os equipos favoritos de inicio son os que loitarán nas semifinais e na final. Os muxiáns reciben o Xallas o vindeiro martes en Dumbría, por problemas de luz no campo muxián. Os da Vila da Barca veñen de caer na loita polo ascenso ante o Bertamiráns nun choque polémico, (4-1).
-Choques de Cuartos da 58ª Copa da Costa-
UC Cee 0-4 CF Dumbría
Día : Sábado 03/06/2023
Hora : 18:00 horas
Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)
Non houbo sorpresa e o Dumbría, un dos favoritos a final desfacíase do equipo ceense sen apuros xa que aos 5 minutos de xogo Xabi facía o primeiro da tarde e 8 minutos despois Raúl poñía terra de por medio. Con este resultado chegábase o descanso. Xa na segunda metade tocaba levarse o encontro a durmilo por parte dos dumbrieses e tratar de asestar o golpe definitivo que chegou no 70 cun gol de novo de Xabi. Diego Estévez non podía pasar sen ir a cita co gol, como acostuma, e marcaba o do definitivo 0-4. Os dumbrieses espararán rival do enfrontamento Corcubión-Baio para as semifinais, que xa serán a dobre encontro.
Goles : 0-1, Xabi, (5´); 0-2, Raúl, (13´); 0-3, Xabi, (79´); 0-4, Diego Estévez, (86´).
Ábitro : Pablo Rama Cotelo, con Miguel Blanco e Daniel Chouciño nas bandas. Non amosou ningún cartón
Ponteceso SD 1-2 SD Sofán
Fixo sufrir o equipo ponteecsáns ao sofanista e non se notou a diferenza de categoría en moitos minutos do encontro. Alberto Recarey adiantaba aos da Vila de Pondal mediada a primeira metade e non era ata os primeiros minutos da segunda cando Taibo igualaba o marcador. Tocaba sufrir para os locais e aguantaron ata o 73 cando Álex gallego conseguía o gol que a postre lles daba o pase as semifinais na que esparan rival do Muxía-Xallas do vindeiro martes en Dumbría.
Goles : 1-0, Alberto Recarey (23´); 1-1, Taibo, (49´); 1-2, Álex Gallego, (73´);
Ábitro : Óscar Santos Rodríguez, con Iván Guerra e Tiago Alonso nas bandas. Amonestou o local Cotelo e o visitante Iván.
UD Corcubión-CD Baio
Aguantou na primeira metade o equipo corcubionés ao Baio de categoría superior e fóronse o descanso ca derrota pola mínima, cun gol de Pazos, e xogando cun menos por expulsión con vermello direto de Antón, (39´). Xa na segunda metade o gol de Bieto nada máis comezar foi unha lousa para os locais que recibían o terceiro 5 minutos despois e xa se acabou o encontro, ainda pasada a hora de xogo recurtaron, pero notouse a diferenza dunha escadra a outra. Os corcubioneses tentárono de todos modos ata o pitido final.
Goles : 0-1, Pazos, (13´); 0-2, Bieito, (47´); 0-3, Martín MC, (53´); 1-3, César Lojo, (67´); 1-4, Iván, (80´); 1-5, Rubén, (90´).
Ábitro : Manuel Castro Mouzo con Roberto Baña e Alejandro Tato nas bandas. Expulsou con vermello direto o corcubionés, Antón, (39´), e amonestou aos seus compañeiros Martín e Mario. Polo Baio non amonestou a ninguén.
Muxía CF-Xallas FC
Día : Martes 06/06/2023
Hora : 21:00 horas
Campo : O Conco, (Dumbría)
Ábitro : Sen asinar
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”