CRÓNICAS, RESULTADOS E MOITO MÁIS DA 2ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “CATRO EQUIPOS LIDERAN O CAMPIONATO CON PLENO DE VITORIAS”.

3ª DA COSTA

Santi Casás, (SD Laxe).

 

Aquí tes nun só artigo as crónicas dos nosos equipos na 3ª da Costa na sua 2ª xornada. Esta é unha web caseira e por tanto as veces non podemos achegarnos as cousas como quixéramos por mor de asuntos laborais, as veces, e outros de saude, ou persoais, xa que fago todo eu. Esperamos en breve poder traervos as crónicas coma estes anos co comentario do adestrador do equipo, pero agora mesmo énos imposible.

Xallas, Oza, Malpica e Buño son os únicos que suman duas vitorias nas duas xornadas disputadas. Polo outro chicote, Seaia, (que descansou), Nantón, Lira, Pereiriña e Ameixenda seguen sen estrear o casilleiro de puntos.

Aquí as tedes dunha maneira distinta e seguindo a cronoloxía da acta que publica a RFGF, que pode estar equivocada e algún gol, ou goleador, estar equivocado en cronoloxía ou nome.

 

-Crónicas 2ª Xornada-

 

Sporting Zas 0-1 Xallas FC

Un tanto a pouco máis dun cuarto de hora para o final dáballe o trunfo aos xalleiros nun duelo que se podería considerar un derbi e que a pesares de haber un só gol puideron senr máis e o chqoeu podería ter caido de calquer banda, con emoción ata o pitido final e nun choque moi limpo por ambas escadras.

Goles : 0-1, Fernando Pensado, (73´).

 

SD Laxe 1-0 Atlético Pereiriña FC

Iker nos derradeiros compases do encontro dáballe a vitoria o Laxe nun encontro que ía abocado a igualada e que se desnivelou para o bando local como puido facelo para o visitante, no que consideran que a igualada sería o máis xusto. Choque disputado pero moi limpo e sen siquera un amonestado.

Goles : 0-1, Iker, (86´).

 

SCD Buño 2-1 UD Corcubión

Adiantouse o equipo corcubionés por medio de Asier e logo empataba o equipo oleiro cun penalti transformado por Elías. O gol da vitoria chegaba pasada a hora de xogo por medio de Brais para levarse os 3 puntos.

Goles : 0-1, Asier, (25´); 1-1, Elías, (30´); 2-1, Brais, (65´).

 

SCD Malpica 4-1 CD Nantón

Saeu mellor o Nantón e dispuxo dunha boa ocasións e de dous balóns o pau, un deles con rexeite e parada do porteiro malpicán na segunda xogada, pero foi o Malpica o que golpeaba por duas veces antes da media hora de xogo, ante a incredulidade dos visitantes que desperdiciaran ir por diante. Cun “Gol olímpico” Santi acurtaba distanzas antes do descanso para os nantoneses. Non saeu igual o equipo visitante na segunda metade e pagouno cun terceiro gol. Os de Nantón acabaron cun home menos por lesión e o gol da tarde chegaba por medio de Faye, que completaba un “Hat-trick” cunha chilena espectacular, para firmar o 4-1.

Goles : 1-0, Faye, (22´); 2-0, Faye, (30´); 2-1, Santi Moreira, (44´); 3-1, Raúl, (80´); 4-1, Faye, (90´).

 

Soneira SD 0-2 UD Cerqueda

Encontro con duas partes ben diferenciadas. Na primeira o Cerqueda foi mellor e fixo os dous goles. O primeiro a saida dun saque de curruncho que remata no segundo pau Suso e o segundo un gol de “pillo”, Eloy atento a manobra do meta local, rouballe o balón e marca a porta baleira. Xa a segunda metade foi do Soneira. Meteu atrás os cerquedenses e asedio a porta defendida por Mario, pero sen ser quen de acadar ese gol que os metese no encontro e que fixese entrar dúbidas na zaga visitante.

Goles : 0-1, Suso, (29´); 0-2, Eloy, (44´).

 

CF Lira 0-3 Sofán B

Vitoria incontestable do filial do Sofán que se puxo 0-1 na primeira metade por medio de Gonzalo e rematou a faena na segunda metade con tantos de Alejandro e Adrián. Choque disputado pero moi limpo e no que o colexiado Manuel Castro non precisou de amosar ningún cartón.

Goles : 0-1, Gonzalo, (39´); 0-2, Alejandro, (50´); 0-3, Adrián, (73´).

 

SD Ameixenda 0-5 SD Oza

Gran segunda metade do Oza que tralo empate a ceros do primeiro periiodo poñíase por diante antes da hora de xogo cun tanto de Iago e abría fenda no marcador pouco despois por medio de Nico. Foise arriba o equipo ceense pero a expulsión con vermello direto de Evaristo foi moita lousa e recibiron 3 goles en 6 minutos. Soubo o equipo ocense xogar co descontrol local trala expulsión.

Goles : 0-1, Iago, (57´); 0-2, Nico, (63´); 0-3, Hugo, (82´); 0-4, Crístian, (85´); 0-5, Alejandro, (88´).

 

Descansa : Sporting Seaia CF

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”