DIVISIÓN HONRA VETERANOS
(28/09/2025)
-
Atlético Carballo SD – CF Cances
Suspendido -
Veteranos Dumbría CF 5-0 CD Razo
SCD Buño 3-6 ACD San Ramón Veteranos
SD Oza 3-4 SD Castriz
ADCV Ponteceso 1-1 SD Coristanco
ACD San Román 3-1 SD San Lorenzo
Sporting Zas 2-1 Soneira Veteranos
CRÓNICA
A segunda xornada deixou moito movemento na parte alta. O Sporting Zas mantén o liderado cun traballado triunfo por 2-1 ante o Soneira, confirmando o seu bo arranque de curso. O San Ramón tamén amosou o seu potencial cun espectacular 3-6 en Buño, converténdose no equipo máis goleador do campionato.
O San Román, pola súa parte, segue firme e superou con autoridade ao San Lorenzo (3-1), mantendo o seu sitio no grupo perseguidor. O Dumbría non deu opción ao Razo cun contundente 5-0, mentres que en Oza houbo festival de goles cun 3-4 a favor do Castriz.
O único empate da xornada chegou en Ponteceso, onde o conxunto local non pasou do 1-1 ante o Coristanco.
A nota negativa estivo en Carballo, segundo nos comentan desde o Cances CF o Atlético Carballo non se presentou ao duelo co seu equipo, polo que será sancionado con retirada de puntos e multa cando o decida o Comité da RFGF.
Clasificación
Sporting Zas e San Ramón manteñen pleno de vitorias e 6 puntos, con San Román ao acecho (4). Pola parte baixa, Oza e San Lorenzo seguen sen puntuar, mentres que Carballo sufrirá o castigo federativo.
PRIMEIRA GALICIA A COSTA VETERANOS
-2ª XORNADA-
Domingo 28/09/2025
-
SD Fisterra Veteranos 2-4 CF Corme
-
Cabana SD 2-1 SD Sofán
-
Club Veteranos Leiloio 5-1 Sporting Bértoa
-
CD Nantón 4-1 CF Mazaricos
-
Deportivo Carballo 1-6 A Piña
-
Soandres CF 0-1 Veteranos SCD Malpica
CRÓNICA
O campionato está moi igualado na parte alta, con varios equipos que seguen fortes. O A Piña volveu arrasar, desta vez cun 1-6 en Carballo, confirmando o seu liderado con pleno de vitorias e só un gol encaixado en dúas xornadas. Xunto a eles, o Corme tamén mantén traxectoria inmaculada tras vencer 2-4 en Fisterra nun dos encontros máis duros da xornada.
O Nantón tamén deixou claro que quere pelexar polos postos altos, superando 4-1 ao Mazaricos, mentres que o Cabana venceu nun axustado 2-1 ao Sofán e continúa invicto.
Outra goleada importante foi a do Leiloio, que se impuxo con claridade ao Sporting Bértoa (5-1), e o Malpica sumou tres puntos valiosos en Soandres (0-1), situándose tamén no grupo perseguidor.
Clasificación
A Piña e Corme dominan con 6 puntos cada un e diferenza de goles espectacular. Nantón, Cabana e Malpica seguen moi preto con 4, mentres que pola parte baixa aínda non puntúan Soandres, Bértoa e Deportivo Carballo.
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

