CRÓNICAS , RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS DA 5ª XORNADA DA FASE DE PERMANENZA NA 1ª GALICIA : “VITORIAS DE DUMBRÍA, E SONEIRA, E DERROTA DO VOLANTES, NUNHA XORNADA NA QUE DESCANSABA O PONTECESO”.

Fase de Permanenza 1ª Galicia

O Volantes caeu ante un rival direto.

Quinta tirada da loita pola permanenza, na que o Duumbría saía vencedor do derbi co Corme, e o Soneira, con moito traballo derrotaba ao Taragoña. Pola sua banda o Volantes caía pola mínima ante o Cruces.

 

CRÓNICAS XORNADA

Grupos 1

CF Dumbría 4-1 Corme CF 

Hora : 17:00

Campo : O Conco, (Dumbría)

Árbitro : René Fernández Ave. 

O equipo dumbriés arrímase a dous puntos do lider do grupo, CD Lalín, gracias a vitoria no derbi costeiro cos cormeláns, que viron como os dumbrieses deixaban finiquitado o choque no primeiro tempo con goles de Xabier, a media hora de xogo, Darío Capelo no 34, e Sergio Codesal no 36. A segunda metade foi de fútbol control por parte dos locais, buscando algunha contra, e os espazos que deixaban os cormeláns, obrigados a irse arriba. O gol que podía metelos no encontro chegou por medio de Manu Bermúdez no 77. O definitivo 4-1 chegaba no desconto por medio de Yuyo.

 

SD Agolada 4-0 SD Esclavitude 

Hora : 18:00

Campo : Hospitalillo, (Agolada)

Árbitro : Sebastián Castro Sanmartín

Gran primeira metade dos da Agolada, que deixaban o choque resolto cun craro 3-0, con goles deAitor, por partida dobre, (2´ e 38´), e de Álvaro, (45´). Xa na segunda metade a expulsión do visitante Alberto Ventoso, simplificoulle as cousas, e Juan Carlos faría o definitivo 4-0.

 

Descansa : CD Lalín

 

 CLASIFICACIÓN

CD Lalín : 16 puntos

CF Dumbría : 14

SD Agolada : 11

Corme CF : 6

 SD Esclavitude : 2

 

Grupo 2

Volantes de Baño FC 0-1 SD Cruces 

Hora : 17:30

Campo : Eleuterio Balayo, (Muros)

Árbitro : Raúl García Veiras

Duelo moi disputado e ca segunda praza en xogo, pero un gol nos derradeiros supiros do encontro, por parte do visitante Ezequiel, no 83, dáballe os 3 puntos aos de Vila de Cruces.

 

SD Tordoia – UD Val do Ulla 

Hora : 17:00

Campo : Gorgullos, (Tordoia)

Árbitro : Miguel Teijeiro Fernández

Empate dos tordoieses, ante o colista, que ven como se apreta a cabeza da táboa neste grupo, a cal lideran. Adiantábanse os de Tordoia por medio de David López aos 24 minutos de xogo, e o empate non chegaba ata pasada a hora de xogo por medio de Jesús González, (63´).

 

Descansa : Ponteceso SD

 

CLASIFICACIÓN

SD Tordoia : 15

SD Cruces : 12

Volantes de Baño CF : 8

   Ponteceso SD : 6

UD O Val do Ulla : 6

 

Grupo 3 

SD Soneira 3-2 CCD Taragoña 

Hora : 17:30

Campo : Municipal de Vimianzo

Árbitro : Naim Juncal García

Saeulle respondón o colista do grupo ao Soneira, e foi quen de empatar un encontro que os soneiráns ían gañando a media hora de xogo por 2-0 con goles de Adrián Lema, (25´), e Javi Souto, (34´), este último de penalti. Alberto Laiño, (41´), e Mateo, (43´), acadaban as táboas, antes de irse o descanso. Xa na segunda metade, cando todo apuntaba a un empate inesperado, Nico Pérez facía o definitivo 3-2, para manter os vimianceses como líderes destacados.

 

CD Belvís 1-0 Praiña Sporting Club 

Hora : 17:00

Campo : As Cancelas, (Belvís)

Árbitro : Miguel Ángel Vilas Lorenzo

Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador, pasouse a unha segunda na que Lucas Vázquez batía ao meta visitante Luis López, (57´), para levarse os 3 puntos e empatar a 8 puntos na táboa co seu rival.

 

Descansa : Cordeiro CF

 

CLASIFICACIÓN

Soneira SD : 15

Cordeiro CF : 10

CD Belvís : 8

Praiñas Sporting Club : 8

CCD Taragoña : 2

 

-Foto : FaceBook Volantes de Baño FC

-Texto : piratasdemuxia