CRÓNICAS, RESULTADOS E CLASIFICACIÓN DA 2ª XORNADA DA FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA : “VITORIAS DE ESTEIRANA, MUXÍA E CORISTANCO”.

O Muxía segue a amosarse forte.

 

Vitoria traballada e sufrida da Esteirana ante o Castriz, e vitoria contundente do Muxía na sua visita ao Cabana, nunha gran segunda metade dos muxiáns. Primeira vitoria do Coristanco, que derrotaba ao Muros. 

 

FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA

 2ª Xornada

SD Coristanco 3-1 CD Muros

Hora : 17:00

Campo : A Rocheira, (Coristanco)

Árbitro :Pablo Rama Cotelo

Vitoria traballada do Coristanco que tras unha primeira metade na que non se movía o marcador, adiantábase por medio de Gonzalo aos 54 minutos. Thiago empataba para os muradáns aos 66 minutos de xogo e non era ata o 82, cando Pazos facía o segundo coristanqués. Dous minutos despois Daniel Vázquez deixaba o encontro finiquitado.

 

SD Castriz 1-2 SCDR Esteirana

Hora :17:00

Campo : San Pedro, (Castriz)

Árbitro : Chrístian Sendón Villar

Carlos Rama adiantaba aos esteiráns no 20´, gol co que se chegaría ata o descanso. Xa na segunda metade Raúl Lestón facía o gol da tranquilidade no 78. O gol que voltaba a poñer no encontro aos castricenses chegaba demasiado tarde, no desconto. O seu autor era Braulio.

 

Cabana SD 1-4 Muxía CF

Hora : 17:00

Campo : As Redondas, (Neaño-Cabana)

Árbitro : David Castreje Ferrío.

Adiantouse o conxunto muxián aos 18 minutos de xogo por medio de Fran Moreira. Él mesmo faría o segundo dos da Vila da Barca a volta de vestiarios, (46´), e pouco despois Michael, facía o terceiro, (53´). Fran Moreira facía o cuarto no 80, o seu “Hat-trick” particular. Sergio Ferreiro facía o gol da honra para os cabaneses no 88´.

 

Clasificación 

SCDR Esteirana : 10 puntos

Muxía CF : 8

Cabana SD : 5

SD Coristanco : 4

CD Muros : 2

SD Castriz : 2