Arrincou a Primeira Galicia G2 coa ilusión dos equipos da Costa.
A tempada 2025/26 da Primeira Galicia G2 botou a andar esta fin de semana, tal como xa vos avanzamos nas nosas previas, e os equipos da Costa estreáronse coa súa dose de emocións, empates, derrotas e moita ilusión polo que está por vir. Especial mención merece o Camariñas FC, que debutaba na categoría e fixo fronte a un dos “cocos”.
CF Muxía: punto de mérito en Tordoia
O CF Muxía comezou a campaña visitando un campo sempre complicado como é o da SD Tordoia. O encontro rematou cun xusto empate (1-1) que permite aos muxiáns estrearse sumando. Adiantáronse os de Sergio “Pataca” aos 7 minutos de xogo cun tanto de Fran Moreira e empataba Abel Torres para os tordoieses no 36. O equipo muxián amosou solidez e capacidade de resposta, algo fundamental para unha liga longa onde cada punto pode marcar diferenzas.
Camariñas FC: un debut serio e competitivo
O Camariñas FC, debutante na categoría, asinou un empate sen goles (0-0) fronte ao Bertamiráns CF. O conxunto camariñán, a pesar da lóxica incerteza do debut, competiu con oficio e deixou boas sensacións ante un rival con experiencia e dos chamados a estar arriba. O punto sabe a premio e reforza a idea de que este equipo pode dar guerra nesta nova aventura.
SD Fisterra: derrota pola mínima no Ara Solis
Non puido ser para a SD Fisterra, que caeu na casa ante o Calo SR (1-2). O equipo verde estivo preto de sumar, un gol no 94 cando o resultado era de 1-1 decantou o choque para os visitantes. Mateo adiantaba aos fisterráns no 48 e empataba o Calo de penalti no 69´. Foi o gol de Crístian Vieites no desconto final o que rompía a igualada e deixaba aos fisterráns co mel nos beizos. O Fisterra mostrou argumentos pero a sorte non estivo a seu carón.
SD Castriz : loita sen recompensa en Caión
O Castriz SD tamén arrincou con derrota, esta vez a domicilio fronte ao Club do Mar Caión (2-1). O conxunto xalleiro veu como aos 2 minutos de xogo xa se adiantaba o equipo caionés, un dos chamados a loitar polo ascenso. A hora de encontro chaga o segundo dos de Caion, por medio de Tiago. Acurtou distanzas no 81´Adrián García pero non chegaría o empate a pesares de buscalo. Tocará repoñerse e buscar os primeiros puntos na vindeira xornada.
SCDR Esteirana: portería a cero e empate
A SCDR Esteirana abriu a tempada cun empate sen goles (0-0) fronte ao SD Cacheiras. Os de Esteiro amosaron órde defensiva e solidez, faltoulles pegada arriba, pero sumar no debut sempre é positivo.
Balance xeral dos nosos
A primeira xornada deixa tres empates e dúas derrotas para os equipos da Costa. A nota positiva é que tanto CF Muxía como Camariñas FC e SCDR Esteirana estreáronse sumando, mentres que SD Fisterra e Castriz SD buscarán a reacción nas próximas datas.
A liga é longa e isto só acaba de empezar, pero a ilusión e as gañas de competir destes equipos están máis vivas ca nunca.
Resultados da Xornada 1
-
SD Tordoia 1-1 CF Muxía
-
Camariñas FC 0-0 Bertamiráns
-
SCDR Esteirana 0-0 SD Cacheiras
-
Club do Mar 2-1 Castriz SD
-
SD Fisterra 1-2 Calo SR
-
Vizoño SD 0-2 CSD Arzúa
-
Queixas CD 1-0 UD Bastavales
-
Praíña Sp C 1-2 Cire Melide
-
Boimorto CF 5-2 R San Lorenzo
Clasificación
-
Boimorto CF – 3
-
CSD Arzúa B – 3
-
Calo SR – 3
-
Club do Mar Caión – 3
-
Cire Melide CF – 3
-
Queixas CD – 3
-
Bertamiráns CF – 1
-
Camariñas FC – 1
-
SD Tordoia – 1
-
CF Muxía – 1
-
SD Cacheiras – 1
-
SCDR Esteirana – 1
-
Praíña Sporting C – 0
-
UD Bastavales – 0
-
Vizoño SD – 0
-
R. San Lorenzo – 0
-
SD Castriz – 0
-
SD Fisterra – 0
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
