CRÓNICAS, RESULTADOS, CLASIFICACIÓNS : SAN LORENZO “CAMPIÓN DE INVERNO” NA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS E SD OZA NA 1ª GALICIA.

DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS

-13ª Xornada-

 

O lider San Lorenzo, amosou poderío e fíxolle un “sete” o Corme CF, para seguir mandando na clasificación con autoridade, pola sua banda o segundo en discordia o San Román, goleaba a un Dumbría, que comezou o ano moi por debaixo do que acabou o pasado e alónxase da loita por todo. O mesmo lle pasou ao terceiro, Arasolis que caía goleado sorpresivamente ante o Castriz. No fallaron Zas e Ponteceso, que gañaban pola mínima, pero acércanse aos fisterráns.

 

O Cabana levábase os 3 puntos ante o Mazaricos nun duelo pola permanenza.

 

Por abaixo Leiloio, Cabana a e San Ramón gañaban os seus encontros e distáncianse de Mazaricos e Fisterra, que ven un chisco máis complicado permanecer na categoría.

AVISO

Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas,m baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es

 

 

PROXIMA XORNADA

 

 

 

1ª GALICIA VETERANOS

-11ª Xornada-

 

 

Deuse unha curiosidade nesta xornada, en tódolos encontros o equipo venceu marcando 3 goles, e dos cinco encontros o equipo que perdeu, en tres casos marcou un gol, e nos outros dous 2. Iguálanse os encontros xogados o descansar o que era lider, CD Razo, decimos que era, pois o SD Oza non fallou e convírtese en novo lider, pasando os racenses a segunda praza. Aproveitaron que os de Razo non puideron puntuar, o Malpica e o Soneira que están agora a 4 puntos do novo lider e a 3 do segundo, na praza de ascenso.

AVISO

Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios de lesionados, altas,m baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es

 

 

PROXIMA XORNADA

 

 

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia