Os horarios da volta son oficiosos.
O Lira tiña unha boa ventaxe para a volta pero un gol de penalti do Sofán B no treiro final deixou as cousas moi abertas. Pola sua banda o Soneira colleu unha boa renta ante o Oza nun choque moi trabado e con moitos cartós, en especial para os ocenses, tres deles vermellos, un para o adestrador. So temos o comentario dun dos adestradores porque foi o que nos chegou. Tan pronto nos chegue algún máis poñerémolo.
CF Lira 2-1 SD Sofán B
Un gol de penalti no treito final dalle vida o Sofán B de cara o partido decisivo polo ascenso, xa que os lirachos ían ata ese intre gañando por 2-0 con goles de ,iguel, aos 6 minutos do inicio e de Ángel pasada a hora de xogo. Rubén no 78 transformaba unha pena máxima que lle da vida aos da parroquia carballesa.
CF Lira : Raúl, Isaac, César, Miguel, Pablo, Juan, Marcos, Oli, Ángel Sestayo, Ángel Vigo e Roberto Amoedo. Tamén xogaron : Cartamil, Alexis, Arón, Marcos e Ramón.
SD Sofán B : Mario, Raúl, Iván, Eloy, Gonzalo, Manuel, Rubén, Roi, Tacko, Nacho e Adrián. Tamén xogaron : Marcial, Daniel, Castro, Alejandro e Borja.
Goles : 1-0, Miguel, (6´); 2-0, Ángel Sestayo, (66´); 2-1, Rubén, (78´de penalti).
Árbitro : Marcos Ordóñez Rodríguez, asistido nas bandas por Álex Areosa e Tomás Garrido. Amonestou polo Lira a Ramón, Marcos Pérez, Arón e Marcos Sánchez, e polo Sofán B a Adrián.
SD Oza 1-4 Soneira SD
Toto, (2º Adestrador do Soneira SD) : “Partido moi serio do Soneira que saia cun equipo para ter o balón e eso foi o q fixo. Froito deso nunha combinación que acaba con centro de Javi Oreiro e que Richi mandaba un pase a rede marca da casa. Cerca da media hora o Oza quedaba con 10 homes por una expulsión por doble amarilla. Ainda así un combativo Oza igualaba nun gol de falta directa. Foi na segunda parte cando o Soneira logrou impoñerse con dous penaltis que Vía convertiría e unha falta directa que executou magistralmente un Dela que se recuperaba tras tres meses parado para liderar os seus nestes partidos claves para o ascenso. Pasiño enorme qe hay q acabar o Sábado no municipal de Vimianzo diante da nosa afición e quedan 90 minutos moi importantes”.
SD Oza : Brais, Moreno, Isac, Kuki, Raúl, Alex Freire, Iago Lavandeira, Archi, Nacho Pose, Hugo Fraga e Abib. Tamén xogaron : Edu, Nico, Diego, e Casais.
Soneira SD : Martín, Javi, Senra, Héctor, De la Sierra, Cachi, Quilmes, Richi, Oreiro, Brais Pereira, Alberto “Vía”. Tamén xogaron : Dono, Yuyo, Iago, Dani Costa e Adrián Sendón.
Goles : 0-1, Ricardo, (19´); 1-1, Raúl, (39´); 1-2, Alberto “Vía”, (48´de penalti); 1-3, De la Sierra, (61´); 1-4, Alberto “Vía, (64´de penalti).
Árbitro : Bruno Méndez Castro, asistido nas bandas por Diego Grille e Daniel Chouciño. Expulsou polo Oza a Isaac, (8´e 33´), Hugo, (41´), e a Miguel Sande, (58´), e amonestou a Abib, Iago, Mohamed, Ricardo, Alejandro, Eduanys e Diego. Polo Soneira amonestou a Brais, Alberto Mouzo e Iago.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”