PRIMEIRA FUTGAL G2
18ª Xornada
Domingo 18/01/2026
Os partidos dos equipos da Costa:
CF Muxía 2-1 SD Tordoia, (Crónica)
SR Calo 2-1 SD Fisterra
SD Cacheiras 2-0 SCDR Esteirana
SD Castriz 1-0 Club do Mar
Bertamiráns FC 1-2 Camariñas FC
CRÓNICAS
A Costa respira a medias: triunfo do Muxía que sigue na zona nobre, tamén trunfo de ouro do Camariñas dando a sorpesa na casa do lider. Vitoria do Castriz para seguir soñando e o que aproveitou a derrota do Torodia en Muxía e sufrimento en Fisterra e a Esteirana que seguen sen collero o rumbo positivo.
A 18ª xornada da Primeira FUTGAL G2 deixou sensacións encontradas para os equipos da Costa. Mentres CF Muxía e Camariñas FC sorrín e miran cara arriba, SD Fisterra, SCDR Esteirana e SD Castriz seguen loitando contra unha clasificación que aperta cada vez máis. Neste eido os máis beneficiados son os xalleiros ca sua vitoria in extremis.
CF Muxía 2-1 SD Tordoia
Remontada na Arliña e ollo á promoción
O CF Muxía sacou adiante un partido clave ante o Tordoia, remontando na segunda metade o 0-1 co que se chegou ao descanso. Tres puntos de enorme valor que colocan aos da Vila da Barca a só tres puntos dos postos de promoción, confirmando o bo momento do equipo. Para semana os muxiáns visitarán o Arasolis no que sen dúbida é o encontro da xornada para o fútbol costeiro. (Crónica completa co comentario de Sergio “Pataca” ).
SR Calo 2-1 SD Fisterra
O Fisterra segue sen reacción
A SD Fisterra prolongou a súa caída libre no campo do Calo, sumando a súa sexta derrota consecutiva e afianzándose na penúltima posición da táboa. Marcos abriu o marcador no 47’ e Jonathan ampliou a renda no 72’. Rubén recortou distancias no 88’, pero a reacción chegou tarde.
O equipo fisterrán segue sen atopar o rumbo nun momento crítico da tempada, coa permanencia cada vez máis costa arriba.
Goles:
1-0, Marcos (47’);
2-0, Jonathan (72’);
2-1, Rubén (88’).
SD Cacheiras 2-0 SCDR Esteirana
Partido trabado e máis problemas para a Esteirana
A SCDR Esteirana caeu na sua visita a Cacheiras nun encontro moi pelexado, especialmente nun segundo tempo marcado pola tensión e as interrupcións. Juan José adiantou os locais aos 12’ e David sentenciou dende o punto de penalti no 80’.
O dato máis rechamante foi disciplinario: 10 cartóns amarelos, todos no segundo tempo, nun duelo moi trabado. A Esteirana segue como pechacancelas da competición e encadea cinco xornadas sen gañar, catro delas con derrota.
Goles:
1-0, Juan José (12’);
2-0, David (80’, penalti).
SD Castriz 1-0 Club do Mar
Chapela fai soñar no último suspiro
O SD Castriz logrou un triunfo vital no San Pedro gracias a un gol de Chapela no minuto 92, cando o empate parecía inevitable. Tres puntos que manteñen vivas as esperanzas dos xalleiros, que ocupan o antepenúltimo posto, a só dous puntos do Bastavales e do Tordoia, xa fóra do descenso directo.
Un deses goles que valen máis ca tres puntos e que poden marcar un antes e un despois na loita pola salvación.
Gol:
1-0, Chapela (92’).
Bertamiráns FC 1-2 Camariñas FC
Campanada no campo do líder
O Camariñas FC asinou a sorpresa da xornada derrotando ao líder Bertamiráns FC na súa propia casa. Antonio abriu o marcador no 53’, Borja ampliou apenas tres minutos despois e Yago puxo emoción co 1-2 no 58’, pero os de Juan Cabrejo souberon resistir.
Un triunfo de enorme mérito que permite aos camariñáns poñer o descenso a seis puntos e confirmar o seu bo momento competitivo.
Goles:
0-1, Antonio (53’);
0-2, Borja (56’);
1-2, Yago (58’).
Apunte de clasificación
Tras esta xornada, CF Muxía, (5º/30 puntos), e Camariñas FC, (13º/24), son os únicos equipos da Costa fóra dos postos de descenso, mentres que as tres prazas de descenso directo están ocupadas por SD Castriz, (16º/18), SD Fisterra, (17º/11), e SCDR Esteirana, (18º/10), nunha liga que non dá tregua.
PRIMEIRA FUTGAL G2
19ª Xornada
Domingo 25/01/2026
Os partidos dos equipos da Costa:
SD Fisterra – CF Muxía
SD Cacheiras – SCDR Esteirana
SD Tordoia – SD Castriz
Camariñas FC – R. San Lorenzo
.
-Foto e texto . Xosé Búa “Pirata”
