PREFERENTE NORTE
4ª Xornada
Sigüeiro FC 4-4 SD Fisterra
Resultado de escándalo para esta categoría. Un choque que tamén foi de escándalo polo atractivo. Chegou a ir perdendo 3-1 o Fisterra, na primeira metade o equipo fisterrán, para conseguir na segunda metade darlle a volta o marcador, e acabar empatando. De velo tan lonxe, cando se poñían os santiagueses 2-0, con goles de Axel, (5´), Luis Pernas, (19´), acuertar distanzas por medio de Breixo, (24´), e irse o descanso coa derrota de 3-1, o derradeiro gol dos locais, obra de Santi De Prado, (39), para conseguir nada máis voltar de vestiarios, poñerse no encontro, cun tanto de Alejandro, (49´), e conseguir remontar con goles de Soliman, (51´), e Adrián “Makaay”, (56´). Calmáronse as cousas, pero os locais conseguían poñer as táboas, cas que acabaría o choque, por medio de Axel, (70´). Segundo punto dos fisterráns no que vai de liga, que suben a 17ª posición na táboa clasificatoria.
CF Noia 2-0 SD Sofán
Tentouno ata o pitido final, pero non foi quen de sacar nada positivo o equipo sofanista, na sua visita o “Julio Mato”. Adiantábanse os da Terra do Berberecho a media hora de xogo por medio de Elier, e non conseguían matar o choque e levarse os puntos, ata o desconto, cando Isaac facía o definitivo 2-0. Con esta derrota os sofanistas caen a 15 posición con 3 puntos.
-Foto : Captura de pantalla
-Texto : piratasdemuxia