CRÓNICAS : PONTECESO E PORTEÑO PASAN A DAZASEISAVOS DA “LVIII COPA DA COSTA”, TRAS DOUS ENCONTROS QUE TIVERON QUE PASAR POR SENDAS PRÓRROGAS.

 

Tal e como vos apuntábamos na previa do pasado venres, xogábase a previa da LVIII Copa da Costa con dous encontros. O Porteño e o Oza ofrecían os afeccionados un encontro para non aburrirse, pasando na prórroga o equipo da Ponte do Porto, que se medirá o Coristanco nos Dazaseisavos. Non foi menos atractivo o derbi antre o Ponteceso e o Corme, que tamén tivo que ir a prórroga. Os pontecesáns terán de rival nos Oitavos ao Laxe.

Ponteceso SD 2-1 Corme CF

Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador, pasouse a unha segunda na que Alejo adiantaba aos cormeláns. A ledicia durou pouco pois Isra en propia porta igualaba a contenda. Moita loita e chegouse o remate do tempo de xogo para irse a prórroga. Non foi ata o 115 cando Luca facía o gol da vitoria.

 

CF Porteño 7-5 SD Oza

Vese que o descanso sentoulle mellor os ataques que as defensas. O pPorteño chegou a poñerse con 3-0 no marcador e veu como o Oza se lle subeu as barbas e consigueu igular 4-4 despois de que os da ponte do Porto se puxensen 4-2 antes xusto do descanso. A segunda metade na que conseguían os ocenses ese empate a catro volveu a poñerse por diante o equipo da Ponte do Porto e volveu a empatar, con ese 5-5 no marcador os carballeses erraron un penalti e foise a prórroga, unha prórroga que se lle fixo longa o Oza, que chegou xusto de efectivos e non aguantou o arreón final dos porteños.

Goles : 1-0, Álan, (4´); 2-0, Álan, (12´); 3-0, Juan “o vello”, (27´); 3-1, Diego, (42´); 3-2, Eduanys, (43´); 4-2, Martín, (44´); 4-3, Eduanys, (49´); 4-4, Eduanys, (52´); 5-4, Matín, (69´); 5-5, Diego, (90´); 6-5, Álan, (prorroga); 7-5, Brais, (prórroga).

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies