CRÓNICAS : PONTECESO E LAXE GAÑAN OS ENCONTROS SABATINOS DA LIGA DA COSTA E 3ª DA COSTA.

 

CF Castrelo 2-4 SD Laxe

Bo partido do Laxe que controlou en todo intre a un Castrelo que viña a máis nos derradeiros encontros. Gora, nada máis pisar o céspede, como quen dí, facía o primeiro, (1´), e antes da media hora Bieto, poñíalle moi costa arriba as cousas os da parroquia vimiancesa. O propio Bieto pasada a hora de xogo, (68´), sentenzaba un encontro que non decaeu en ningún intre. Adrián recurtaba para os castreleses, (75´), e Guillín de penalti, ( 83´), abría un encontro que parecía morto co 0-3. Final máis tenso do que parecía para os laxenses, pero que sentenzaba Miguel Torres na prolongación final, cando ata podía chegar o empate.

 

Ponteceso SD 0-3 Camariñas FC

Vitoria sen paliativos do equipo de Pablo Mallón, ante un descoñecido Camariñas. Eloy a media hora de xogo facía o primeiro para os da Vila de Pondal. Luca aos 70 minutos de xogo facía o segundo e cinco minutos despois Martín sentenzaba.

 

Axenda do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

-Fotos e Texto : piratasdemuxia