CRÓNICAS PLAY-OFF ASCENSO A LIGA DA COSTA : “LAXE COBRA VENTAXE ANTE O BUÑO E ZAS E CAMELLE EMPATAN”.

 

 

Ida da primeira eliminatoria do Play-Off de asenso a Liga da Costa e no que o Laxe tomou unha boa ventaxe ante o Buño, pero con moito ainda por decidir e un empate do Zas e o Camelle, que igualmente ten moito por decidir.

 

SD Laxe 3-1 SCD Buño

Lilo, (Adestrador do SD Laxe) : “Partido de que dende o meu punto de vista xogamos moi ordeados creando oacións por banda, ante un Buño tamén moi ordeado, que na derradeira xogada da primeira metade, dunha falta a favor noso cóllennos e fannnos un gol, e un tiro a madeira. Gora recibía un cartón e Felipe por protestar e Miguel Torres, en estado de gracia fai tres goles e 3 balóns que ten. Bietio fallou un claro man a man. Non hai nada feito xa que o Buño é un moi bo equipo. Ambentazo, moi sano sen ningún problema. Gran partido de Casás, Eloy. Jacobo e moi ben na liña de atrás. Moi bo encontro en xeral de todo equipo, salvo o gol que tevimos en contra que foi un erro garrafal”.

José Antonio Carabel, (Adestrador do SCD Buño) : “Partido cheo de dificultades para nós, con moitas lesións e moitos problemas, e que o Laxe sobre todo na segunda metade soubo aproveitar para encarrilar a eliminatoria ó seu favor. Na primeira metade, fomos superiores e tivemos varias aproximacións nas botas de Eloy, Omar e Iván, pero sería Breo desde media distancia que anotaría o 0-1. Na volta dos vestiarios, estivemos bastante mal durante toda a segunda metade. O Laxe comenzou a ganar segundas xogadas e en duas contras…Miguel Torres, para mín o mellor xogador do partido, púxoos por diante. Nese momento tivemos duas ocasións moi claras para incluso poñernos por diante, un tiro de Breo que se foi o poste, e unha falta lateral que non entrou de casualidade. O Laxe cada vez interrumpía máis o xogo con faltas ante a permisividade arbitral, sobre todo con Gora, o cal foi sustituído tras dúas faltas nas que se xogou o segundo cartón amarelo. Sentenciaron o 1-3 nun córner que non terminamos de despexar, e volve a marcar Miguel. Quédannos 90 minutos en Buño para darlle a volta a eliminatoria, a pesar de que cómo xa sabíamos un mal día no Playoff  levate a esta situación tan complicada”.

Goles : 0-1, Breo, (45´); 1-1, Miguel Torres, (50´); 2-1, Miguel Torres, (65´); 3-1, Miguel Torres, (79´).

Incidencias : Sairon lesionados os buñeses, Elías Suárez e Eloy Santos, aos que lles desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación.

 

Camelle e Zas no saúdo a afección.

 

Sporting Zas 1-1 SD Camelle

.

Martín Vecino, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido no que como sempre intentamos ter o balón para chegar conmbinando. Tivemos algunha perdida que nos xenerou algunha contra do Camelle, (nunha deles adintáronse no marcador), tamén tiña o partido moitas interrupcións, cousa que non queríamos. Ainda así chegamos na primeira parte algunha vez, na que puidemos marcar algún gol, non foi así. Saimos mellor na segunda ca misma idea, tentando minimizar erros na saida, Marcou Dani de falta e intentamos facelo segundo no último cuarto de hora, xa que vimos que chegábamos mellor co Camelle, pero non puido ser”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Primeira parte dominada polo Zas no xogo, e en ocasións terían tres claras, cunha falta perigosa que o noso porteiro acertou ben. Un tiro dende fora da área, e outra que cunha vaselina o balón sairia moi pretiño do pau, pero o balón non entraría. Nós na única ocasión clara que tivemos fumos capaces de poñernos por diante, cun balón que sae dos pés de Piquero e que Adrián cunha fermosa vaselina puxo o balón dentro da portería. A segunda parte xa foi mais igulada, eles un pouco superiores co balón pero nós en ocasións máis claras. Chori mandaría un balón a cruceta, e Adrián nun man a man, estrelaría o balón no pau. Eles empatarían de falta na que o tiro de Dani Mato bate na barreira e engana o noso porteiro. Eles terían un par de ocasión claras, pero o resultado non se movería”.

Goles : 0-1, Adrián Pasantes, (21´); 1-1, Dani Mato, (54´).

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”