FASE DE PERMANENZA NA LIGA DA COSTA
O San Lorenzo levouse un encontro a cara de can.
A cousa estaba moi complicada para varios equipos dos 3 grupos no eido de acadar a salvación na Liga da Costa e en varios casos xa se confirmou o descenso a falla dunha xornada para o final desta liguiña. O CD Nantón e SCD Buño xa son fixos na 3º da Costa do ano que ben, falla ver como quedarán as clasificacións finais, para ver o descenso direto dun grupo e quenes son os mellores cuartos, e logo os arrastres doutras ligas, que os vai a haber.
5ª Xornada
-Grupo A-
Camariñas FC 3-2 CD Nantón
Día : 14/05
Hora : 18:30
Campo : Hermanas Patiño, (Camariñas)
Árbitro : Carlos Señarís Balsas
Deuno todo ata o pitido final o Nantón que chegou a Camariñas cpon tan só 13 xogadores e foi que de meterse por diante na derradeira xogada do primeiro tempo, e ainda que o equipo camariñán remontaba aos poucos de comezar a segunda metade con goles de Djibril, (49´) e Mario, (50´), conseguía empatar cun tanto de Diego, pasada a hora de xogo. Djibril no desconto facía o 3-2 final, e sumaba o seu sétimo gol nesta liguiña, nos 4 encontros que xogou. A falla dunha xornada para o final, o CD Nantón xa é equipo da 3º da Costa. No desconto foi expulsado con vermello direto o nantonés, Fran Gavín.
CD Baiñas 3-0 UD Cerqueda
Día : 14/05
Hora : 18:00
Campo : Municipal de Vimianzo
Árbitro : Manuel Espasandín Romar.
Vitoria incontestable dos baiñeses que se adiantaban na primeira metade cun gol de Antelo, (36´), para completar a goleada nunha gran segunda metade con goles de Raúl, (55´), e de novo Carlos Antelo, (67´), para seguir loitando pola permanenza.
Clasificación
Camariñas FC : 18
UD Cerqueda : 14
CD Baiñas : 10
CD Nantón : 3
–Grupo B-
SCD Malpica 0-4 CF Lira
Día : 15/05
Hora : 17:00
Campo : Pedra Queimada, (Malpica)
Árbitro : Óscar Santos Rodríguez
Trunfo incontestable do Lira que segue na loita final pola permanenza ante un Malpica que xa é carne de 3ª da Costa. Os lirachos deixaban practicamente pechado o encontro na primeira metade con goles de Diego, (30´) e Mamadou, (39´), ante un Malpica que se preserntaba con só dous trocos no banquillo. Raul no 71 finiquitaba o encontro, e Óliver no 85´, facía o definitivo 0-4.
SD San Lorenzo 3-2 UD Monte Louro
Día : 15/05
Hora : 17:00
Campo : As Pedreiras, (Berdillo)
Árbitro : Óscar Rey Sánchez
Encontro xogado de poder a poder e no que os loureses tiñan moito que perder. Tras unha primeira metade na que non se movía o marcador, e na que os loureses reclamaban un penalti e sufría a lesión de Buffón, pasábase a unha segunda das que lle gustan ao espectador, con 5 goles. Taibo adiantaba aos de Berdillo no 52, e 3 minutos despois empataban os sureños por medio de Raúl. De penalti, transformado por Joaquín, volvían a poñerse en vetaxe os locais, a hora de xogo. Styven no 83´parecía que finiquitaba o encontro, pero a resposta foi inmediata dos de Louro, que acurtaban inmediatamente por medio de Juan Lois. Ata o pitido final puido pasar calquer cousa pois os de Loura na busca da salvación tocaron arrebato e buscaron un gol que para eles sería moi importante de cara a salvación.
Clasificación
SD San Lorenzo : 16
UD Monte Louro : 11
CF Lira : 9
SCD Malpica : 6
-Grupo C-
UC Cee 4-4 Sporting Zas
Día : 14/05
Hora : 17:30
Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)
Árbitro : Marcos Ordóñez Rodríguez
Valente Zas o que se presentou en Cee, que consigueu empatar un encontro que chegou a ir perdendo por 3-1 a media hora de xogo. Fuentefría facía o 0-1 na primeira xogada tralo saque de centro inicial, 81´), e remontaba con goles de Ezrquiel, (21´) José Lago, (36´) e Bruno, (34´). Álvaro antes de irse e vestiarios facía o 3-2 para os de Zas, (45´), e pasada a hora de xogo, Bruno, (63´), repetía para os ceenses, pero a resposta zacense era inmediata, e dous minutos despois Álvaro voltaba a acurtar para os visitantes, que acadaban o empate no 70 cun novo tanto de Fuentefría. O final empate que non lle vale aos zacenses para librase do descenso.
Outes FC 2-0 SCD Buño
Día : 15/05
Hora : 17:00
Campo : O Conchido, (Serra de Outes)
Árbitro : Abel Fernández Lodeiro
Vitoria fraguada na segunda metade para un Outes que se adiantaba aos 60 minutos de xogo por medio de Adrián Lomba, quedaba cun menos 7 minutos despois, por expulsión con vermello direto de Santamaría e conseguía pechar o encontro no 88 cun tanto de Iván Cespón, deixando aos oleiros, aos que só lles valía a vitoria, na 3ª da Costa.
Clasificación
UC Cee : 15
Outes CF : 14
Sporting Zas : 6
SCD Buño : 5
-Foto de arquivo, e Texto : piratasdemuxia