O Xallas FC celebrando o título de campión da 3º da Costa.
A falla de 4 encontros por disputar o Xallas FC proclamouse campión da 3ª da Costa 2023/24 con supremacía, levándose tódolos records da liga. Máximo realizador, menos batido, invicto…Agora falta saber quen o acompañará a liga da Costa 2024/25. Para o subcampionato, que representa o ascenso disreto a loita está antre Sofán, 8agora segundo), e Soneira. e para a promoción falla saber o derradeiro posto. Corcubión tena asegurada, Oza practicamente e a derradeira praza está antre Lira, que é quen a ostenta e Cerqueda, fora a 1 punto dos lirachos. Malpica e Zas terían que esperar fallos destes nas 4 xornadas que restan pois están a 5.
CD Nantón 1-4 Xallas FC
O Xallas FC proclamouse campión da 3ª da Costa 2023/24 con total autoridade o derrotar o nantón nun choque no que os nantoneses aguantaron o lider a primeira metade na que se adiantaban os xalleiros cun tanto en propia porta de lois aos 4 minutos de xogo, pero que conseguía neutralizar Redondo aos 27 minutos. Con este resultado íase o descanso. saeu de vestiarios o Xallas coa idea de finiquitar o título e nada máis comezar o segundo periodo Sergio Barbeira de penalti facía o 2-1, e Adrián poñía terra de por medio, (68´). O gran capitán, Doro facía o derradeiro para celebrar un título o que chegaron sobrándolles 4 xornas e sendo o máximo realizador, con 85 goles e o menos batido con tan só 14 en 24 encontros xogados e ademáis invictos.
SD Sofán 1-0 Sporting Zas
Era o encontro da xornada, o Sofán tiña a ocasión de poñerse en praza de ascenso direto aproveitando que descansaba o Soneira e o Zas precisaba dunha vitoria para seguir enganchado a loita por entrar na promoción. O encontro caeu da banda dos de Barca no minuto 80 cando Mario batía a Pereiras. O encontro ven puido acabar en empate ou en vitoria zacense pero levouno o que veu porta. Con esta derrota o Zas queda a 5 puntos da promoción con 12 por xogarse. Pola sua banda o Sofán ponse segundo con 2 puntos máis co Soneira e un encontro máis.
UD Cerqueda co adestrador Emilio Uzal, (der).
UD Cerqueda 1-0 Atlético Pereiriña FC
A falla de definición dos cerquedenses fixo que tiveran que sufrir ata o final, as máis claras foron dous balóns a madeira. Sergio, que xa tivera ocasións como para marcar antes, facía o gol que a postre sería o da vitoria, xusto antes de irse o descanso, (45´). A segunda metade foi máis insulsa, ainda que os de uzal, que se queixaba da falla de gol do seu equipo para matar os encontros, tivo un balón o longueiro, ante un Pereiriña que se achagaba con perigo pero sen acabar de rematar antre os 3 paus. Con estes 3 puntos e a derrota do Zas o Cerqueda loitará co Lira polo posto de promoción que está no ar e que ostenta o equipo liracho cun punto por enriba dos cerquedenses. O Pereiriña sigue sumando minutos cas miras xa na copa e na vindeira tempada.
SD Oza 5-3 SD Laxe
Partido moi disputado o que se veu na primeira metade e no que se adiantaba o equipo ocense por medio de Nacho, (15´), pero que puido irse o descanso con igualada. Non foi ata a hora de xogo cando o Oza abría fenda no marcador por medio de Nacho, (60´), a resposta laxense era inmediata e Iker acurtaba distanzas 2 minutos despois. Pouco duraba a reacción, pois tras sacar de centro no seguinte ataque, Hugo facía o 3-1, (63´). Un tanto que lle facía dano os costeiros que vían que pronto recibían o cuarto, que marcaba Abib, (65´) e o quinto, por medio de Aarón, (74´). Baixaba entón a intensidade o equipo carballés e os laxenses maquillaban o resultado con goles de Man e Rubén.
Atlético Pereiriña FC 0-5 SD Sofán
Cómodo trunfo dos de Barca que xa ían o descanso con 0-2, con tantos de Daniel Calvete, (12´) e Adrián Fraga, (27). Co encontro controlado dende a hora de xogo que chegaba o terceiro, por parte de Mario, (60´), foron incrementando o marcador a razón de gol cada 10 minutos, con Adrián Fraga como executor, (70´e 80´). Con este trunfo o equipo sofanista ponse provisionalmente de segundo con 51 puntos a espera do que faga o Soneira, (49 puntos), na “Vila da vida”, ante o SCD Malpica, na tarde deste Domingo, (17:00 horas). O Oza con este trunfo practicamente se asegura matematicamente a promoción, con 9 puntos sobre o Lira, que marca a promoción no seu derradeiro posto, e con 12 por disputar.
CF Lira 1-1 SCD Malpica
Encontro moi disputado pola importancia do mesmo para ambos. O dominio e as ocasións foron por ambos bandos pero quen pegou primeiro foi o Lira, que xa na segunda metade adiantábase por medio de Pablo, (57´). Foise a polo encontro o Malpica xa que a derrota non lle valía e consigueu empatar por medio de Miguel, (71´). Puido caer de calquer lado o encontro e os locais pediron ata 2 penaltis que Pablo Rama non apreciou como tales. O Lira con este punto mantén o derradeiro posto de promoción e deixa o Malpica aos mesmos 5 puntos cos que chegaba a Lira e ao Zas os mesmos 5 puntos, un máis ca semana pasada. Dándolle co alento na caluga ten o Cerqueda a 1 punto nesta loita pola promoción que chegará ata o final.
SD Ameixenda 0-7 SCD Buño
Aguantou o equipo da Ameixenda o Buño na primeira metade na que Miguel Dourado abría o marcador a media hora de xogo. A segunda metade xa foi unha DANA e o equipo oleiro acababa goleando e podendo ter feito algún máis. Dourado, Breogán,, (2), Fabián, Nrais e Hugo foron os protagonistas dos goles da segunda metade.
Sporting Seaia CF 3-3 UD Corcubión
Gran partido o que ofreceron aos afeccionados o seaia e o Corcubión, ninguén diría que hai tanta diferenza na táboa clasificatoria. Encontro de golpes, se asestaba un respostaba o outro. Primeiro era Nando o que marcaba para os corcubioneses, (5´), e remontaba aos poucos o seaia con goles de Charro e Martín “Mara”, (10´e 15´). Non se amilanaba o equipo sureño e empataba antes da media hora de xogo por medio de César lojo. A volta as cousas seguían igual con alternancia no dominio e nas ocasións e de novo 2Mara” batía a Bruno, (60´). O Corcubión apretaba e Iago Lema aparecía para rescatar un punto, (72´). Ata o final foi o Corcubión mellor fisicamente o que apretou e rondou o gol. Os corcubioneses xa teñen asegurada a praza de promoción.
CLASIFICACIÓN
1º Xallas : 66
2º Sofán B : 54
3º Soneira : 52
4º Corcubión : 49
5º Oza : 47
6º Lira : 38
7º Cerqueda : 37
8º Zas : 33
9º Malpica : 33
10º Buño : 29
11º Seaia : 27
12º Laxe : 26
13º Pereiriña : 19
14º Nantón : 10
15º Ameixenda : 0
-Foto : FaceBook José Pena/Fotografía Neypa
-Texto : Xosé Búa “Pirata”