CRÓNICAS : O TORDOIA GOLEA O SAN LORENZO EN HOMES E O EF JUAN CABREJO O OUTES EN MULLERES, AMBOS COMO VISITANTES NOS DERRADEIROS ENCONTROS COSTEIROS DO 2023.

O San Lorenzo caeu goleado nun duelo direto.

 

Faltaban para pechar o 2023 dous encontros no fútbol costeiro. Un o San Lorenzo e o Tordoia da 1ª Galicia G2, que no seu día fora suspendido por anulación da xornada por parte da Federación Galega de Fútbol por mor do fote temporal, “Domingos” no mes de Novembro e o outro na 3ª División Galega Feminina G2, o que enfrontaba o Outes e Escolas de Fútbol “Juan Cabrejo” de Camariñas. encontro suspendido o 3 deste mes de Nadal por estar o campo impracticable por chuvias, cando estaba no descanso. O fútbol ligueiro para ata despois de Reis no caso das rapazas e ata a semana seguinte no dos homes. 

 

1ª Galicia G2 A Costa/Santiago

-Suspendido da 10ª xornada-

SD San Lorenzo 2-5 SD Tordoia

Goleada do Tordoia ao veciño San Lorenzo que ademáis pon os tordoieses na promoción e caen dela os de Verdillo cos mesmos 21 puntos cos de Tordoia, que suben o cuarto posto e cos mesmos 21 puntos tamén co terceiro, Negreira. Tiña a oportunidade neste encontro pendente o equipo verdillés de acabar o ano na segunda posición da táboa clasificatoria, pero pola contra caen a 5ª. Un penalti poñía por diante aos visitantes aos 18 minutos de xogo, unha pena máxima que materializaba Alberto. O empate chegaba no 34 por medio de Ricardo, pero antes do descanso, Abel, conseguía poñer por diante de novo aos de Tordoia, 840´). A volta de vestiarios, Denís, facía o 1-3, (54´), e pouco despois de novo Abel batía a Sergio para facer 0 1-4, (60´). Sentaba mal o gol aos de Verdillo que no 77 recibía o quinto dos visitantes, 877´), un gol que xa mataba calquer tipo de reacción. Tentárono os de Verdillo e conseguían acurta por medio de Andy, pero xa moi tarde, no desconto final.

 

3ª División Galega Feminina G2

-Suspendido da 12ª xornada-

Outes FC 1-3 EF Juan Cabrejo

Partido entretito o que se viveu no Conchido no que se xogaba a segunda metade que fora adiada por mor dun forte temporal de chuvia que fixo impracticable o terreo de xogo no seu día. Adiantouse o Outes por medio de Xeila as primeiras de cambio e pronto empatou Paula para as camariñanas e no 71´, de novo Paula, facía o da remontada. Pouco despois, Maira facía o definitivo 1-3, (78´). Con este trunfo as camariñanas seguen na 8ª praza con 17 puntos, pero agora a 2 puntos das 7ª que iocupa o filial do Bergantiños. O Outes segue sen puntuar.

 

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies