CRÓNICAS : O SOFÁN EMPATA NA PREFERENTE, O BAIO TUMBA O FISTERRA, A ESTEIRANA REMONTA ANTE O AGOLADA, O SAN LORENZO DERROTA O NEGREIRA E O DUMBRÍA CAE ANTE O CORDEIRO NA 1ª GALICIA G2.

 

PREFERENTE NORTE

-12ª Xornada-

SD Sofán 1-1 CD Boiro

Escapáronselle 2 puntos aos equipo sofanista no desconto ante un dos “cocos” da clasificación, nun choque no que se adiantaban os do Carral por medio de David Bandeira a 5 minutos do final do tempo regulamentario, pero vían como no descotno Hugo poñía as táboas no marcador. Este punto deixa aos sofanistas con 14 puntos, a 3 puntos do descenso que marca o Victoria CF.

Goles : 1-0, David Bandeira, (85´); 1-1, Hugo, (desconto). 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO

-12ª Xornada-

Un gol de Martín MC tumbou o Fisterra no seu feudo.

 

SD Fisterra 0-1 CD Baio

Punto de vida para os baieses que suman a terceira vitoria do campionato e a pesares de sumar 11 puntos e estar en descenso, son os mesmos quyu ten o Bertamiráns que está fora por golaveraxe, e quedan a 1 do Sgolada e Fisterra, e a 3 da Esteirana, todos eles por enriba dos de Baio, o que deixa a parte baixa tremendamente apretada pois do 10º, SR Calo ao 17ª, Estrada SP, só hai 5 puntos. Caso aparte o do Cruces que suma 0 puntos. No encontro o Baio adiantábase o fío do descanso cun tanto do recuperado Martín MC, que xa xogara a pasada semana uns minutos ante a Esteirana. Así acabou a primeira metade. Na segunda o encontro estivo máis trabado canto máis foron trasncorrendo os minutos e os baieses conseguiron levarse o derbi.

Goles : 0-1, Martín MC, (41´).

 

CF Dumbría 0-1 Cordeiro CF

O Cordeiro engánchase a parte alta e alonxa os dumbrieses gracias a un tanto nos primeiros compases do encontro, deixando os de Dumbría na oitaba posición con 19 puntos.

Goles : 0-1, Marcos, (11´).

 

SCDR Esteirana 2-1 SD Agolada

Deulle a volta o marcador a Esteirana nun final de encontro “quente”. Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador, pasouse a unha segunda na que se adiantaban os da Agolada aos poucos do reinicio, e o empate chegaba a falla de 2 minutos para o final do tempo de xogo. Foi no desconto cando chegaba a expulsión do meta dos visitantes Iker Ferreria, o gol de Elías Ruso para a remontada, a expulsión de Tobío por parte esteirana e a tamén expulsión do adestrador visitante, Julio Alberto, nun final de encontro como decíamos “quente”.

Goles : 0-1, Gavieiro, (52´); 1-1, Isma Pedrosa, (86´); 2-1, Elías Ruso, (desconto).

 

San Lorenzo 1-0 SD Negreira

Se o Puebla Flavia, (2º contra 1º), era o encontro da xornada, quedando 1-1, o segundo encontro da xornada era o que xogaban os de Verdillo e os nicrarienses, (4º contra 3º). Un tanto de Iago López a un cuarto de hora do final dáballe os 3 puntos aos verdilleses, subían a terceira praza r acurtábanlle 2 puntos o Puebla, (2º), e ao Flavia, lider a 2 puntos dos de Verdillo.

Goles : 1-0, Iago López, (75´).

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

 

-Foto : Luis González Botas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”