FASE ASCENSO A LIGA DA COSTAO CF Porteño recupera o liderato do Grupo 2.
No Grupo 1 o UD Corcubión segue firme no liderato, e o Xallas FC “B” é o único que lle aguanta o ritmo, sendo o seu rival polo ascenso. No Grupo 2 o CF Porteño recuperou o primeiro posto tras derrotar ao SD Laxe, que a semana pasada collera o liderato. Neste grupo SD Oza, SD Laxe son os primncipais competidores polo ascenso, e podería entrar na pugna o Atlético Pereiriña FC.
7ª XORNADA
Grupo 1
UD Corcubión 2-0 CF Castrelo
Día : 01/05
Hora : 17:30
Campo : Novo Cubaleiro, (Corcubión)
Árbitro : Alfonso Caamaño Blanco
Non lle tremeu o pulso ao equipo corcubionés que vai a marcha de cruceiro hacia a Liga da Costa. Deixaron solventado o encontro na primeira metade e despois control. César Lojo, (12´) e Mario Suárez, (42´), foron os autores dos goles da vitoria corcubionesa.
SD Camelle 2-3 Xallas FC “B”
Día : 30/04
Hora :16:30
Campo : O Rodeiro, (Camelle)
Árbitro : Óscar Santos Rodríguez
Mereceu máis o equipo camellán, que desperdiciou unha ventaxe de 2 goles, marcados, o primeiro por Barreiro, (30´), de penalti, e o segundo de Marce “Marcotiño”, central que leva 3 goles nos dous últimos encontros dos camelláns. Antes do descanso acurtaban distanzas os xalleiros por medio de Sergio Barbeira, (32´), e xusto antes de irse ao descanso empataban, por medio de Iván, (42´). Na segunda metade poñíanse por diante os xalleiros cun tanto de José Ramón Río, (60´), e a pesares de quedar cun menos pouco despois, por vermello direto a José M. Suárez, (70´), non souberon os camelláns aproveitar a superioridade numérica, a pesares de gozar de ocasións como para facelo.
Descansa : Sporting Seaia CF
CLASIFICACIÓN
UD Corcubión : 22
Xallas FC “B” : 17
SD Camelle : 9
Sporting Seaia CF : 4
CF Castrelo : 4
GRUPO 2
CF Porteño 4-2 SD Laxe
Día : 01/05
Hora :17:15
Campo : A Grixa, (Ponte do Porto)
Árbitro : Jonathan Pardiñas Blanco
Era o encontro da xornada e non desmereceu para nada. Os da ponte do Porto, necesitados de dar un golpe enriba da mesa, ante un dos que lle disputan o ascenso, tiña que remontar o gol inicial de Paredes, (4´), nada máis comezar o choque. Manuel Canosa, de penalti, facía o gol do empate antes de irse ao descanso, e xa na segunda metade, Juan Carlos, facía o da remontada, pasada a hora de xogo, (68´). De penalti empataba para os laxenses Romero, pouco despois, (73´), e co choque podendo caer de calquer lado, Juan Carlos voltaba a poñer por diante aos porteños, (85´). Foise arriba o equipo laxense en busca do empate, pero o que chegaba era o gol da tranquilidade, ante un rival direto, para os porteños. Martín Suárez, era o autor do gol que finiquitaba o choque, (87´).
SD Ameixenda 0-3 SD Oza
Día : 01/045
Hora : 16:30
Campo : Sampaio de Refoxos, (Xallas-Cee)
Árbitro : Rai Reborido Rodríguez
Non pasou apuros o equipo ocense, que se adiantaba por medio de David López aos 11 minutos de xogo. Antes do descanso Brais Pombo facía o segundo, (25´), e nos intres finais, Jesús Amado firmaba o terceiro, (88´). Destacar a entraga que tiveron os amexeindeses, que xogaron unha hora con 2 xogadores menos, a expulsión do meta, David Carballo, (30´), con vermello direto, hai que sumarlle que xogaron de inicio cos únicos 10 homes que tiñan.
Descansa : Atlético Pereiriña FC
CLASIFICACIÓN
CF Porteño : 15 puntos
SD Oza : 14
SD Laxe : 12
Atlético Pereiriña FC : 10
SD Ameixenda : 4
-Foto : Javi Baña
-Texto : piratasdemuxia