CRÓNICAS : “O CASTRIZ SAE CAMPIÓN DA LIGA DA COSTA NA QUE SIGUE VIVA A LOITA POLA PROMOCIÓN E POLO DESCENSO”.

 

Xa o falábamos nas crónicas da pasada semana e na previa da xornada, o Castriz se derrotaba ao Volantes cantaría o “alirón”. Costoulle dobregar a un Volantes que cada encontro é unha final, na procura de evitar o descenso. Dous goles de Adrián garcía, o segundo no descotno final cando o choque ía 1-1, déronlles os 3 puntos a falla de 4 xpornadas para o final da liga. Un final para o que hai en xogo un posto de descenso direto e o do posible arrastre, así como unha praza de promoción para que hai 3 equipos en 4 puntos. O Outes que ten no seu poder a derradeira praza de promoción, o Ponteceso, fora, a 2 puntos e o Corme a 4. Practicamente asegurada, a menos que as tornas sean moi malas, Muxía e Porteño irían a promoción xunto co Mazaricos que a ten asegurada.

Na parte mala da xornada está a destitución de Ángel Insua “Roski”, como adestrador do Baiñas o cal ascendeu con moito mérito o ano pasado, e que está loitando por evitar o descenso. No seu lugar levará o equipo Sanchiño.

 

O Castriz celebrou un merecido título de campión.

 

SD Castriz 1-2 Volantes de Baño FC

Non querían facer esperar a sua afección os rapaces de Miguel Chouza e a pesares do curto do resultado e do tarde que chegou o gol que fixo saltar o delirio na bancada. “Así ainda sabe mellor, ainda que non era a última bala”, decíannos. Que o Castriz ía a sair campión xa era unha nova máis que sabida, e que o ía a ser con folgura, e así foi. O ano pasado as numerosas lesións impedíronlle loitar por todo, pero desta vez saía campión máis que merecido, polo como xa decíamos onte, repetimos a nosa noraboa a tódolos que forman o clube.

No encontro Adrián García adiantaba aos 19 minutos o lider o transformar un penalti, e empataba nun libre direto, Raúl a media hora de xogo. Xa no desconto e tras acosar a meta muradana, Adrián repetía para cantar o “alirón”.

 

SD Coristanco 1-3 Corme CF

Sorprendeu o equipo cormelán ao coristanqués con chegadas rápidas e definindo para poñerse 1-3 xa na primeira metade con goles de Alejo, (5´), Teo, (37´) e de novo Alejo, (41´). Pazos que acabaría sendo expulsado, (59´con vermello direto), facía o 1-1, tres minutos despois do primeiro gol dos cormeláns. Na segunda metade o Corme defendeu ben e saeu con contras perigosas, namentras que o equipo da Terra da pataca, a pesares de estar en inferioridade buscou sempre o rival e mereceu mellor sorte de cara a gol.

 

Camariñas FC 1-2 UD Monte Louro

Saeu ben o Camariñas e púxose por diante aos 3 minutos de xogo cun tanto de Camañño, pero volveu a irregularidade nos camariñáns, un mal que segundo nos comenta Cabrejo, “persíguenos este ano e coma moitos partidos 30 minutos de intensidade non valen para gañar un partido”, e que fixo que os loureses lle deran a volta o marcador aos poucos do reinicio con goles de Luis, (50´) e Raúl, (57´).

 

Gran encontro do Muxía no duelo de históricos.

 

CF Muxía 7-2 UC Cee

Partido que cpomezou con ocasións en ambas portas pero que o Muxía foi inclinando o seu favor chegando por bandas de maneira extraordinaria, en especial o “renacido” Sergio “Peski”, con chegadas ata o fondo da liña de fondo e cruzando numerosos balóns moi perigosos, nun deses apareceu Vícyor Alcaina para facer o primeiro aos 29 minutos de xogo. Puido empatar Bruno pouco despois nunha boa internada por fortaleza física cos defensas, pero sería Isma Pose o que facía o segundo dos muxiáns pouco despois. Estaba a gustarse os de Nando e Fran e Fran Moreira que xa gozara dun par de boas ocasiósn facía o terceiro antes de irse a vestiarios, (43´). Fran repetía a volta de vestiarios, ante un Cee que xa baixou moito o ritmo e pagouno caro. Manu Nohgueira, (55´) e Víctor Alcaina, (60´), poñían o 6-0 no marcador e a partires de aí os muxiáns xa baixaron duas marchas, intre que aproveitaba o pichichi da liga, Bruno para facer o primeiro dos ceenses, que chegaba tras unha pena máxima. Adam facía o segundo para os da Vila da Xunqueira e Manu Nogueira xa no descotno facía o definitivo 7-2, para manter os da Vila da Barca na prmoción.

 

Outes FC 2-1 CF Porteño

Mereceu algo o Porteño en Outes onde chegou co xusto e que protestou moitas decisións arbitrais, antre elas un gol anulado, que entenden como que era legal, cando se ía 0-0. O Outes volveu a ser ese equipo rochoso de toda liga, un conxunto moi difícil de batir, e adiantábase aos 18 minutos de xogo por medio de Ryam. Na segunda metade o Porteño foise arriba e consigueu a igualada por medio de Darío, (50´), e o partido abreuse moito máis. Caeu da banda do Outes xa no desconto cun tanto de Sergio, pero puido caer de calquer banda. Nas protestas dos porteños veu vermello direto o adestrador Javi Baña xusto antes do descanso.

 

Cabana SD 1-2 CF Mazaricos

Adiantouse o Mazaricos nas primeiras de cambio cun tanto de Pereiro, pero non lle perdeu a cara o encontro o equipo cabanés que empataba por medio de Pablo mediada a primeira metade, (23´). O equipo mazariquense trataba de sair co balón xogado e a busca do segundo gol, namentras que o Cabana tentaba roubar e sair a contra. Cando todo apuntaba a un empate chegaba un penalti que transformaba Raúl para levarse os 3 puntos.

 

CD Muros 1-0 SD Camelle

As numerosas baixas están a darlle unha mal despedida de tempada o Camelle que chegaba a Muros con 11 xustos, e co “todoterreo”, Carlos de Dido, que a semana pasada xogara de dianteiro, desta volta tiña que facelo de porteiro. Aguantou ben o equipo camellán as acometidas dos muradáns, pero as forzas flaquearon e acabaría impoñéndose o Muros cun tanto de Deniel aos 84 minutos de xogo. Important´simo trunfo para od de Muros aproveitando a derrota do Baiñas e do Volantes, para afastarse do descenso direto e do posto de posible arrastre.

 

Ponteceso SD 3-0 CD Baiñas

Primeira metade insulsa con pouco fútbol e ocasiós. Na segunda despertou o Ponteceso e comezou a chagr con máis perigo e foi cando se poñía por diante cun tanto de Luca, (49´), e dez minutos despois Iván facía o segundo. tralos goles o equipo pontecesán baixou o ritmo e puido acurtar distanzas o equipo de Sanchiño, que debutaba como adestrador dos baiñeses, pero faltou eficacia de cara a gol, e xa no desconto final Raúl facía o definitivo 3-0, que manten os pontecesáns na loita poor entrar na promoción.

 

CLASIFICACIÓN

Castriz : 68 

Mazaricos : 55

 Muxía : 49

 Porteño : 49

Outes : 46

 Ponteceso : 44

 Corme : 42

 Coristanco : 37

 Cabana : 37

10º Camariñas : 35

11º Monte Louro : 31

12º Cee : 27

13º Muros : 23

14º Volantes : 16

15º Baiñas : 15

16º Camelle : 11

 

-Foto Castriz : FaceBook Sebas Rial

  • -Texto : Xosé Búa “Pirata”