CRÓNICAS : O BERGANTIÑOS FEMININO CHEGA O CENTENARIO DO CLUBE LIDERANDO A 1ª GALEGA FEMININA A PESARES DE EMPATAR CO VICTORIA SANTIAGUÉS.

1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-12ª Xornada-

As bergantiñistas chegan o centenario do clube liderando a 1ª Galega Feminina.

 

Bergantiños FC 1-1 Victoria FC B

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido no que seguimos un pouco lastradas en efectivas para xogar, o que nos dificulta volver o noso xogo de inicio de tempada. Comenzamos ben con dominio de balón e creando algunha ocasión claras pero que non estábamos acertadas no remate final. O Victoria con xogadoras moi rápidas arriba intentaba crear boas contras pero sin gran perigo para as nosas defensa, salvo algún golpeo de larga distancia. Na segunda parte empezamos ben e xa no 46 Blanca abría o marcador con un centro que se foi envenenando e entraría pola mesma escuadra, eso fixo que o partido se rompera un pouco porque as visitantes xa arriesgaban mais eo cansanzo físico facia acto de presencia e costabanos calmar as envestidas rivais, nun erro na zona defensiva o Victoria conseguiría o empate, e aunque nos minutos finais tivemos moi boas ocasións seguiunos penalizando a falta de gol”. 

Bergantiños FC : Ainhoa, Noelia, Zaida, Isa, Alejandra, Laura Caamaño, Carla, Blanca, Sofía, Laura Muñíz e Yaiza. Tamén xogaron : Ana, Sara e Aroa.

Victoria FC B : María, Sheila, Alba, Almuneda, Icia, Irene, Lara, María, Lucia. Uxía e Iris. Tamén xogaron : Andrea, Amanda, Mara, Violeta, e María.

Goles : 1-0, Blanca, (47´); 1-1, Irene, (77´).

Árbitro : Pablo Rama. Amonestou a Sofía do Bergan.

 

Proximo encontro

O equipo carballés recibe nas “Eiroas” ao Umia CF B o vindeiro Domingo 10 de Nadal a partires das 16:15 horas

 

CLASIFICACIÓN

O Bergantiños mantén o liderato con 26 puntos, por golaveraxe empatado co Orzán, que tampouco pasou do empate, nesta caso como local ante o Tomiño FCF por 3-3. Acércase a ambos conxuntos o Lóstrego CF B, que derrotaba o CF Noia por 4-1 para poñerse a 2 puntos de coruñesas e carballesas.  Premendo no enlace podes ver a clasificación ao completo con tódolos resultados da xornada.

 

CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ

 

 

-Foto e Texto : Redes e Prensa Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Gueli Cotelo