SD Fisterra 0-3 SDC Galicia de Mugardos
Voluntade nos xogadores fisterráns, que perdían dende a media hora de xogo, e que loitaron na procura dunha igualada que nunca chegou. Xa cas forzas baixo mínimos, o equipo de Ferrolterra sentenzaba por medio de Álex Del Río, (83´), e ca baixada de brazos ante o imposible, chegaba o terceiro no desconto, tamén de Del Río, que completaba un “Hat-trick”.
O SD Fisterra segue sumido na derradeira praza da clasificación con tansó 3 puntos de 3 empates.
CF Portomarín 1-3 SD Sofán
A pesares de xogar como visitante, soubo xogar mellor o equipo sofanista, co lucense, nun campo embarrado e deixou sentenzado o choque nos primeiros 45 minutos con goles de Dani Pena, (12´), Taibo, (27´), este de penalti, e de novo Taibo, xusto antes do descanso. A situación atmosférica fixo que os sofanistas, con esta renda, na segunda metade fosen deixando pasar os minutos. Héctor no 77 facía o 1-3, que non foi alicente para chegar a algo.
Con estes 3 puntos, os sofanistas alcanzan os 12 e suben a 13ª praza, a 3 do SD Residencia, que marca a 8ª praza.
-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ
-Tódolos resultados do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ.
-Foto arquivo e Texto : piratasdemuxia