Foto de familia do CF Mazaricos masculino e feminino en Santa Comba.
No día de onte coincideu que se xogaban en Santa Comba un dobre derbi, tal e como vos adiantamos na Axenda do Fútbol da Costa, antre Xallas FC e CF Mazaricos, un en féminas e outro en homes.
Xallas FC Feminino 4-0 CF Mazaricos Feminino
As rapazas xogaron o rematar os homes, e neste encontro eran as claras vencedoras as xalleiras, que vencían por 4-0, con goles de Olalla, (1´), Andrea, (15´de penalti), e Yasmina, (41´), para irse a vestiarios o descanso cun claro 3-0. Na segunda metade completaba a goleada María Riál, (80´), para manter por segunda semana consecutiva as de Ruper no liderato da 2ª División Feminina Galega G4.
Xallas FC 0-1 CF Mazaricos
Antes das féminas xogouse o encontro dos rapaces da 1ª Galicia G2, encontro que gañaban os mazariquenses por 0-1, nun fermoso choque con moitas ocasións, e no que a estrela era o meta dos mazariquenses Pablo Pose, que paraba 3 penaltis. Se queres ver a crónica deste encontro cos comentarios dos dous adestradores, así como a crónica do SD Tordoia 3-3 SCDR Esteirana : PREME AQUÍ.
-Foto : Iria Hermida
-Tablas e Texto : piratasdemuxia