O Muros derrotou o Camelle o que deixa tocado.
SD Camelle 1-4 CD Muros
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido no que outra vez empezabamos durmidos e os 15 minutos en 2 corners marcaríannos gol. A partires de aí igualouse o xogo pero non creamos peligro. A segunda parte collemos un pouquiño o mando do balón e cando máis empezamos a apretar o árbitro pitounos unha man dentro da área un pouco dubidosa, e eles poñerian o 0-3 de penalti. Seguimos insistindo e logramos recurtar distancias cun tiro fora da área pegada o pao, e xa case contra o final eles poñerían o cuarto cun tiro cruzado dentro da área. O Muros xusto gañador”.
Ángel Sanandrés, (Adestrador do CD Muros) : “Partido no que saimos moy enchufados e cunha presion moi alta e xogo direto, sabedores de que o campo non estaba para outra cousa e de que o Camelle é un equipo que apreta ata o final na sua casa. Froito desta presión alta e tras un corner logramos o primeiro gol nada más empezar, e logo seguimos ca misma liña, con xogo direto segundas xogadas e moita brega, chegando moito a portetía rival, e tendo Xavi un balón o longueiro, e outras q desbaratou o porteiro. Logo si foi Xavi quen de meter o segundo antes de ir o vestuario. Segunda parte máis do mesmo e moi metidos con máis ocasións si cabe que ben desbaratou o pau ou o seu porteiro, sobre todo unha clara de Alon na cal fixo un paradón o seu meta, e outra de Samu o pau. Logo chegou o terceiro de Xavi nun penalti claro. Despois un balón que recibe o dianteiro do Camelle e realiza unha boa acción e definición para facer o 1-3, pero nós estábamos moi cómodos e seguíamos chegando e Jurjo nunha subida por banda esquerda marca o definitivo 1-4”.
Goles : 0-1, Miguel, (2´); 0-2, Xavi, (18´); 0-3, Xavi, (66´de penalti); 1-3, Chori, (75´); 1-4, Jurjo, (82´).
UD Monte Louro 1-4 Camariñas FC
O Camariñas deixou finiquitado o encontro en pouco máis de media hora con 3 goles de Djibril, que repetía a volta de vestiarios. Miguel Verán gacía o gol da honra para os loureses. Cos 4 goles deste encontro Djibril encabeza a táboa de goleadores da Liga da Costa con 16 en 11 encontros, 3 goles máis ca Bruno do UC Cee e Brais do Porteño.
David González “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “A Espera do seu comentario…”.
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Magnífica vitoria en Louro nun partido onde desplegamos o mellor xogo de toda a temporada, e no que fomos claros merecedores dos tres puntos. Partido diante dun equipo que na súa casa é difícil de batir, cun gran entrenador que fai que os equipos rivales teñan que estar ao 100% desde o inicio, e así o fixemos desde o pitido inicial coas ideas moi claras e cun gran xogo. Toca seguir traballando e dando pasiños cara diante”.
Goles : 0-1, Djibril, (11´); 0-2, Djibril, (24´); 0-3, Djibril (33´); 0-4, Djibril, (69´); 1-4, Miguel Verán, (79´).
-Fotos : Ángel Sanandrés e Gonzalo Lemus
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ adestradores