Os días das finais desta táboa son os oficiosos.
Aquí tedes as crónicas dos encontros de promoción de ascenso a 1ª Galicia G2 baixo o prisma dos adestradores. Mazaricos que xa traía unha vitoria sobre o Porteño da ida, (1-0), e Muxía, que traía un empate ante o Outes, (1-1), serán os que se disputen o ascenso. O noso agradecemento aos adestradores pola sua colaboración nesta ocasión e durante toda a tempada.
Unha vez máis reivindicamos unha 1ª Galicia da Costa, para que sexa atractiva tantio futbolísticamente coma economicamente para os clubes, e de maior interese para os afeccionados. Sobre esta reivindicación falamos na previa dos derradeiros encontros do Depor con moitos xogadores, afeccionados e diretivos de clubes e o sentir é o mesmo : “Ir xogar con equipos da zona de Santiago non atrae a ninguén”. Con todo o respeto para os equipos santiagueses, calquera entende o sentir.
-CRÓNICAS-
CF Porteño 3-4 CF Mazaricos
Día : 36/05/2024
Hora : 18:00
Campo : A Grixa, (Ponte do Porto).
Jesús Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Partido de ritmo baixo pola nosa parte no que empezamos adisntándonos con un gol de Alan, pero que o Mazaricos con mas intensidade pronto remontou. Fomos o descanso e cambiamos o sistema para protexernos un pouco, empatamos, de novo por medio de Alan, pero marcaron eles casi na seguinte xogada. Volvemos a empatar cun gol de Ángel e contra o final marcaron de penalti. Despois deso casi que os dous equipos firmamos o resultado”.
Marcos Domínguez, (Adestrador do CF Mazaricos) : Tan pronto nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí…”.
CF Porteño : Sergio, Darío, Pejo, Pablo, Rodrigo, Manoliño, Saviola, Joseba, Ángel, Alan e Miguel. Tamén xogaron : Crístian, Nico e José Manuel.
CF Mazaricos : Iván Baña, Borja, Raúl, Fran Pose, Luis, David, Ricardo, Rachón, Marcos, Sandelo e Molinos. Tamén xogaron : Sanchiño, José Ángel, Iago, Esteban Pereiro e Kevin..
Goles : 1-0, Alan, (7´); 1-1, Rachón, (36´); 1-2, Adrián, (40´); 2-2, Alan, (55´); 2-3, Esteban Pereiro, (56´); 3-3, Ángel, (67´); 3-4, Raúl, (75´de penalti).
Árbitro : Alfonso Caamaño Blanco, asistido nas bandas por Iván Guerra e Manuel Rodríguez. Amonestou polo Porteño a Manuel Canosa e polo Mazaricos a Marcos.
Manu Nogueira fixo os dous goles muxiáns.
CF Muxía 2-1 Outes FC
Día : 26/05/2024
Hora : 16:30
Campo : A Arliña, (Muxía)
Árbitro : Roberto Baña Amado, asistido nas bandas por Luis M Insua e Óscar Rey. Amonestou polo Muxía a Michael, Mauro Romaní, e Kevin. Víctor Alcaina e polo Outes a Adrián.
Nando Waldomar, (Adestrador do CF Muxía) : “Foi un partido, no noso caso, marcado polo cansancio do partido do venres. Polo que tivemos que plantexar un encontro no que na primeira parte intentamos manexalo tendo a posesión do balón, pero entre o bo traballo realizado polo Outes e que non estivemos ben co balón, moi lentos e imprecisos, chegamos ó descanso co resultado en contra, no inicio da segunda parte plantexamos ter mais presencia no campo contrario e ser mais profundos por bandas. Os xogadores deron un paso adiante e realizaron unha segunda metade moito mais completa e conseguimos darlle a volta ó resultado. Conseguindo o pase á final do ascenso e dándolle unha mais que merecida alegría ós siareiros Muxians que veñen a animar ó seu equipo en cada partido”.
Aliños Romero, (Adestrador do Outes FC) : “Unha parte para cada equipo. Durante o primeiro acto creo que domos dominadores en varios aspectos do xogo, non permitindo que o Muxía fose capaz de combinar con fluidez. Fomos quen de gañar moitos duelos e chegar con perigo en diversas ocasións, pero estas solo nos alcanzaron para ter un gol de vantaxe ao descanso. Na segunda metade, e grazas aos cambios realizados o Muxía estivo mais dominador e comenzou a afundirnos en defensa. A pesar diso, tivo que ser a través dun erro noso o que propiciou o gol de empate. Acusamos o golpe e estivemos a merced do Muxia un bo rato, momento no que ben e certo que puideron aumentar a renda. Sen embargo colleron vantaxe a través dun novo erro noso en medio campo, tras unha indecisión entre Babu e Pablo que deixaron o balón libre. Voltamos a crecer, e os dez ultimos minutos o encontro foi un ida e volta no que tanto poido chegar a setencia por parte do Muxia, como o empate para nós”.
CF Muxía : Víctor, Ánxo, Michael, Manuel, David, Hugo, Kevin, Julián, Mauro Romaní, Iago Muíño, Manu Nogueira. Tamén xogaron : Ángel, Gusa, Fran Moreira, Víctor Alcaina, e Isma Pose.
CF Mazaricos : Dani, Estefan, Martín, Adrián, Jura, Babu, Iván, Veleiro, Pablo, Keko e Ryam. Tamén xogaron : Ramiro, Claudino, Hugo, Yago e Ryan.
Goles : 0-1, Keko, (22´); 1-1, Manu Nogueira, (58´); 2-1, Manu Nogueira, (79´).
Árbitro : Alfonso Caamaño Blanco, asistido nas bandas por Iván Guerra e Manuel Rodríguez. Amonestou polo Porteño a Manuel Canosa e polo Mazaricos a Marcos.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto Muxía-Outes : Marina Busto