CRÓNICAS LIGA DA COSTA, (12ª XDA) : “GOLPE DO MUXÍA CF A LIGA QUE TEN COMO NOVO LIDER O CORME CF”

 

 

CRÓNICAS

Isma Pose fixo o terceiro dos muxiáns.

 

SD Ponteceso 2-3 Muxía CF

Pablo Mallón, (Adestrador do SD Ponteceso) : “Foi un partido malo o noso. Non atopamos en ningún momento boas sensacións. O xogo non fluía polo centro e non eramos capaces de encontrar as bandas tampouco. En defensa estuvemos ben e os goles deles son errores que se cometen poucas veces, e o domingo viñeron todos xuntos. En ataque non conseguiamos combinar con precisión a un Muxía ben plantado e cando tiñamos o balón as decisións rara vez eran as correctas. As ocasións que tuvemos, máis e máis claras que as deles tampouco as demos materializado. Partido gris, dos que todos os equipos teñen algún día, ainda que nos imos ca sensación de que nunca fomos inferiores e que o resultado pudo ser outro. O árbitro estivo moi ben”.

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Foi un encontro moi disputado, durante todo o tempo a entrega dos dous equipos foi máxima e víuse un bo partido. Nada máis comezar, Recarey fixo o 1-0 de falta directa, pero non nos viñemos abaixo, fomos mellorando co paso dos minutos e no minuto 17, Tati empata de cabeza tras un córner. A igualdade no marcador tamén se trasladaba o xogo, boas accións de ambos equipos sin chegar a marcar. Edu e Manu, polo Muxia, e Charro polos locais, tiveron as melloras ocasións. No segundo tempo, Edu adiantanos e Isma dou tranquilidade a dez minutos do final. Mara ficho o 2-3 no desconto”.

Goles : 1-0, Alberto Recarey, (2´); 1-1, Canosa, (17´); 1-2, Edu, (54´); 1-3, Isma Pose, (78´); 2-3, Martín Maradona, (93´).

Incidencias : Expulsado o adestrador Pablo Mallón con dorbre cartón, (68´e 69´).

 

CD Baiñas 0-3 Corme CF

José Barca, (Adestrador do CD Baiñas) : “Tivemos que cambiar a maneira que íamos a xogar o atoparnos co campo que parecía unha piscina e encontrámonos cun gol no minuto 2, un rexeite fora da área que marcaron un golazo e xa tivemos que remar a contra corrente. Quitando ese gol a única ocasión do Corme foi unha falta de Dani Casal que parou o noso porteiro. Nós tivemos unha de Esteban o pau, unha de Baba pegada o pau, unha tras unha internada de Abel con pouco ángulo. Na segunda metade o Corme estirouse máis, tivemos un par delas de Ángel pero non entraron. Logo ven a expulsión de Baba, un home moi importante para nós no medio campo, pero a pesares de eso e de ter o Corme diante, tivemos ocasións para empatar, en especial un man a man de Santi Díaz. Eles co vento a favor buscaban balóns longos e balón parado, con faltas lonxanas que complicaban a Brais. Nunha destas ven o gol deles, un balón parado longo que toca nun dos nosos e vaise dentro. Tivemos que arriscar a pesares de xogar cun home menos media hora e irse máis arriba e aí o deixar máis espazos na defensa o Corme creounos máis perigo e nun balón que parou Brais o rexeite aproveitouna Alejo. Inda que sí o resultado foi xusto, a diferenza estivo en que a eles fóronlle dentro e nós non, que é o que estamos a sufrir, pois somos dos menos goleadores. Agora a pensar no Berdillo, un campo especial polas dimensións e o tempo que está a facer, e a ver se recuperamos a algué, que xa perdemos a Baba por expulsión, a Crístian por lesión outra vez, a quinta amarela de Abel, a ver se recuperamos a Felipe e imos recupernado o perdido esta semana”.

Lelo, (Adestrador do Corme CF) : “Empezaba o partido cun gol os dous minutos do Corme,un balón na frontal que recolle Sergio Sueiro e cun tiro pegado o pau vate o porteiro.Non se conformaba o Corme que entrou enchufadisimo e puido aumentar a vantaxe por medio de Casal, primeiro nun man a man que o porteiro adivina muí ben e logo nunha falta que despeja o porteiro local.Conseguia o Baiñas reponerse e frear as ocasions visitantes. O Corme viase obligado a facer o seu primer cambio por culpa doutra lesions de Adrián Doldan.Os dous equipos presionaban a salida do balón e o partido equilibrose pero sin ocasions claras ata o descanso. A segunda empezaba como rematou a primeira cos dous equipos ben plantados e presionando ben.O Baiñas non conseguía chegar con claridade e ca expulsion de Baba os 15 minutos por doble amarilla fixoselle misión imposible.Mais ainda co segundo gol dos visitantes,falta colgada que un defensa desvía e colase dentro pa sentenciar o partido.O baiñas intentouno e fixo traballar o meta visitante nunha gran intervención sendo unhas das poucas ocasions entodo o partido po cadro local.Puido Javi o juvenil visitante marcar o terceiro pero sería o “killer”, Alejo, que logo de duas xornadas reaparecía e non faltaba a sus cita co gol logo dun rechace a tiro de Brais Andrade que empujaría a placer. esquecíame que eles na primeira parte mandaron un balón o longueiro, e destacar que estamos sacando os partidos a pesar das baixas importantes que temos”.

Goles : 0-3, Sergio, (3´); 0-2, Esteban, (73´en propia porta); 0-3, Alejo, (93´).

Incidencias : Expulsado o xogador dos baiñeses Baba por dobre cartón, (47´e 60´).

 

 

Ezequiel fixo 4 dos goles do UC Cee.

 

UC Cee 8-4 Cabana SD

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “O partido ponse de cara moi pronto cun gol de Bruno no minuto cinco, despois dun remate de Patera nun córner lanzado por Ezequiel. Chegámos con moito perigo con rápidas combinacións de Bruno, Patera, Lojo e Ezequiel que supoñían un pesadelo para a defensa do Cabana e fomos ó descanso cun 5-0 con outro gol de Bruno e 3 de Ezequiel. Saimos igual de ben na segunda parte e puxémonos 7-0 en pouco máis de dez minutos anotando de novo Bruno e Ezequiel, a partir de ahí relaxámonos moito e o Cabana anotou o primeiro. Marcou Leo o 8-1 cunha gran asistencia de Bruno e despois o Cabana marcou tres goles nos minutos que sobraron do partdo”.

Duda, (Xogador do Cabana SD) : “Partido no que o mal estado do terreo de xogo fixo que non fora un partido bonito de ver,empezariamos tendo algunha chegada claro pero que faltaria definir,os 5 minutos o cee adiantariase medio dun corner e erro defensivo,e a raiz deso chegariamos o descanso cun contundente 5-0,cada chegada deles era gol. Na segunda metade salimos a presionar arriba e por orgullo e marcariamos 2 goles seguidos pero de novo nun erro defensivo o cee volveria a marcar e xa morriu o encontro con dous goles mais para o cabana e 2 mais para o cee co resultado final de 8-4”.

Goles : 1-0, Bruño, (3´); 2-0, Ezequiel, (5´); 3-0, Ezequiel, (33´); 4-0, Ezequiel, (42´); 5-0, Bruno, (45´); 6-0, Bruno, (51´); 7-0, Ezequiel, (57´); 7-1, Simón, (71´); 7-2, Simón, (72´); 8-2, Leo Picallo, (82´); 8-3, Nando, (84´); 8-4, Castro, (91´de penalti).

 

SCDR Esteirana 2-0 SD Castríz

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Foi un partido disputado onde creo que o Castriz dou unha boa versión e nós fixemos un partido serio que salvo momentos puntuais tivemos controlado e gañamos, creo, merecidamente. A primeira parte, entramos ben no partido e creamos perigo co Elías e Álex. O gol chegou pronto, na saída dun córner cun remate de Dani. O Castriz acabou ben a primeira parte. Na segunda, dominamos e creamos varias ocasións pero o porteiro do Castriz fixo alomenos tres moi boas paradas. O gol veu a saída dun córner que remata Àlex. O Castriz tivo un par de boas internadas con centro pero non atoparon rematador.
Tres puntos máis e seguimos sumando”.

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Dani París, (13´); 2-0, Carlos Rama, (65´).

Incidencias : Expulsado con dobre cartón Alberto do equipo xalleiro no minuto 64´.

 

SCD Malpica 3-4 SD San Lorenzo

Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Un partido no que comezamos moi ben e xenerando ocasións dende o inicio, puxemonos por diante no marcador pero pouco nos durou a alegría xa que logo nos empataron. Nun bo saque de falta volvemos a poñernos por diante. Xa despois do descanso o San Lorenzo poñeria a igualdade no marcador moi pronto, e logo de un tempo de moita igualdade no marcador e tamen no xogo logramos poñernos outra vez por diante co 3-2 . A sorte non estivo desta vez da nosa parte e en 2 xogadas desafortunadas pola nosa parte e ben finalizadas polo rival darian a volta o partido nos ultimos minutos”.

Pablo Cambón, (Adestrador do San Lorenzo) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Brais Ceán, (20´); 1-1, BRais Cancela, (27´); Juan Fuentes, (34´); 2-2, Brais Cancela, (50´); 3-2, Esmorís, (71´); 3-3, Brais Cancela, (73´); 3-4, Padín, (90´).

Incidencias : Expulsado por dobre cartón o xogador dos malpicáns Aitor no 80´.

 

CD Muros 4-1 Sporting Zas

Felipe “Cacharro”, (Adestrador do CD Muros) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Raúl Periscal, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido donde 2 erros na salida do balón significan os dous primeiros goles. Conseguimos recortar distancias e ser mellores nese periodo con algunha ocasión para empatar, pero o terceiro gol xusto antes do descanso acaba desmoralizándonos para o segundo tempo. A pesar de todo saimos ben na segunda metade, pero novamente un erro nun balón longo significa o cuarto gol e a sentencia”.

Goles : 1-0, Iván, (18´); 2-0 Juan, (24´); 2-1, Adrián, (28´); 3-1, Iván, (45+1´); 4-1, Xabier, (71´).

Incidencias : Foi expulsado o adestrador visitante Raúl Periscal no minuto 2 con vermello direto.

 

SD Buño 0-3 SD Coristanco

Mauro Juncal, (Adestrador do SD Buño) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Alejandro Rodríguez “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Comezou o partido co Coristanco volcado sobre a meta local, sacando ata 4 córners consecutivos. Sería no último deles, posto por Mario, onde un defensor local metería a cabeza e acababa metendoo na sua propia portería. Ata o descanso 3 ocasións moi claras, dúas para os visitantes en pés de Samuel e Villajos que non acertaban ante Brais; e unha para o Buño na que Rubén sacaba unha boa man a baixo no un para un con Martín. Así se iba ó descanso. A volta de vestiarios, daba un pasiño adiante o Buño, pero seguía sen inquedar demasiado a portería do Coristanco. E sería cara o minuto 70 cando unha contra acababa co 0-2 transformado por Corral tras xogada de Joni e Dani. Pouco sucedeu a partir de aquí, ata que co partido case rematado un penalti moi claro sobre Corral o transformaba Samuel para facer o definitivo 0-3. Xogamos con : Rubén, Rubio, Dani, Samu, Mario, R, Jose, Álex, Corral, Villajos e Samuel. Cambios: Joni-Villajos, Mato- Dani, Álvaro- Jose”.

Goles : 0-1, Alexander, (5´propia porta) ; 0-2, Marcos, (76´); 0-3, Samuel, (90´)

 

O Cerqueda rachou a xeira de malos resultados.

 

CF Lira 0-2 UD Cerqueda

Demetrio, (2º Adestrador do CF Lira) : “Empezamos moi nerviosos en xeral e o mal estado do campo por culpa da chuvia, e o forte vento, foi todo xunto. O primerio gol non podemos máis que mirar co ben que golpeou o balón. O segundo ven por un penalti máis que dubidoso, ainda que a actuación do colexiado foi boa. Na segunda parte nos moito mellor que o rival que casi non chegou a portería. Nós fallamos as que non están escritas. O resultado xusto para o meu ver sería un empate”.

Miguel Ángel Sande, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Iván Rojo, (15´); 0-2, Iván Rojo, (30´de penalti).

 

RESULTADOS 

12ª Xornada

Cee 8-4 Cabana 

 Ponteceso 2-3 Muxía 

Esteirana 2-0 Castríz 

 Lira 0-2 Cerqueda

 Muros 4-1 Zas 

Buño 0-3 Coristanco

 Malpica 3-4 San Lorenzo 

Baiñas 0-3 Corme

 

CLASIFICACIÓN

 

PROXIMA XORNADA, (13ª)

Domingo 01/12/2019

Cee-Ponteceso

Muxía-Esteirana, (16:00 horas)

Castríz-Lira, (17:00)

Cerqueda-Muros

Zas-Buño, (16:30)

Coristanco-Malpica, (16:30)

San Lorenzo-Baiñas, (16:00)

Cabana-Corme

 

PICHICHIS

1º-Alejo Cambón, (Corme CF) : 14 goles en 9 encontros, (3 de penalti)

2º-Brais Cancela, (SD San Lorenzo) : 12 en 12, (2 de penalti)

3º-Sergio “Xuco”, (SD Ponteceso) : 12 en 12, (2 de penalti)

4º-Iván Rojo, (UD Cerqueda) : 10 en 12, (5 de penati)

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies