CRÓNICAS LIGA DA COSTA, (11ª Xda) : MUXÍA CF 1-0 UC CEE : “VITORIA DOS MUXIÁNS NUN CHOQUE MOI DISPUTADO”.

O Cerqueda non llo puxo doado a Esteirana.

 

Por arriba, Ponteceso, Corme e Esteirana non afroxan.

Por abaixo, sin señais de vida.

Non dan síntomas de fraqueza nen o lider SD Ponteceso, nen o Corme CF, nen o SCDR Esteirana, que gañaban con maior ou menos solvencia os seus choques, pero con capacidade goleadora. Os pontecesáns derrotaban a domicilio ao SD Castríz, (1-3), nun choque que tiñan controlado chegando o treito final cun 0-2 favolrable e sen pasar apuros. Meteuse no encontro o equipo xalleiro cun tanto de Iván, pero de novo Abel, que facía un “Hat-trick”, deixaba resolta a contenda. Menos apuros pasou o Corme CF que goleaba a un SCD Malpica, (4-0), decoñecido. Os cormeláns marcaban por medio de Adrián Doldán, Dani Casal, (2) e José. Pasaba máis apuros o SCDR Esteirana na sua visita ao UD Cerqueda, (2-4), non o veu craro o equipo esteirán ata o treito final, pois rebasado o minuto 80 o resultado era de 2-2, pero Pablo Rama no 83 e Brais Romero no deconto desfacían o gran traballo do equipo cerquedense na procura de puntuar. 

Vitoria impoortante do San Lorenzo para seguir na loita por enganchrase aos de arriba. Os de Verdillo, con moito traballo tiñan que remontar o gol inicial do SD Buño, que se adiantaba por medio de Pablo Canedo, antes do descanso. Non foi ata pasada a hora de xogo cando igualaba a contenda Fuentefría, que tamén sería o autor do gol da vitoria a 10 minutos do final. Encontro tremendamente disputado e con moitas ocasi´çons de gol por ambas partes no “encontro da xornada”, que enfrontaba ao Muxía CF e o UC Cee, e do que tedes máis abaixo a visión dos técnicos do encontro.

Os muxiáns suben a 5ª praza ca derrota do CD Muros en Coristanco, (3-1), no duelo de “equipos revelación”. Adiantábanse os muradáns na primeira metade cun gol de Xabier. Gol que igualaba Mario dende o punto de penalti xusto a volta de vestiarios e remontaban os da Terra da Pataca, pouco despois cun tanto de Sergio. Non se clarexaba o conto ata o desconto, no que Damián facía o gol que finiquitaba o choque, no 93. Ata ese intre podía pasar de todo.

Vitoria sufrida do CD Baiñas en Cabana, ante un equipo o cabenés que se xoga moito por abaixo e que se adiantaba aos 13 minutos de xogo por medio de Aarón. Non era ata pasada a hora de xogo cando os baiñeses conseguían neutralizar o gol cabanes, cun tanto de Eloy. O baiés, Santi Díaz facía o gol da remontada e da vitoria no minuto 83, para ir arrimando os baieses a zona alta e deixar tocados os cabeneses, que vían como os seus rivais pola salvación tampouco gañaban.

Segue sen levantar cabeza o Sporting Zas, que caía por 1-2 co CF Lira, que tiña que remontar o gol inicial do zacense, Bruno, e que conseguía empatar antes do descanso cun tanto de José, e que acadaba o gol qe a postre lle daría a vitoria a volta de vestiario, por medio de Óliver.

En definitiva, por arriba non afroxan os do podio, e por abaixo están empeñados en fallar todos. Dos derradeiros 9 clasificados, só puntuou o CD baiñas, ca sua vitoria nas Redondas.

 

“O ENCONTRO DA XORNADA”

 

Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.

 

Muxía CF 1-0 UC Cee

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Foi un partido que dominamos, creamos moitas ocasións, pero non conseguíamos abrir o marcador. Ainda que o Cee non tivo moitos acercamentos a nosa área, sempre ten perigo, con varios xogadores capaces de decidir en calquer acción. Edu puido abrir o marcador con dous tiros nos que se lucíu Joselu. Mauro non chega para empuxar un centro de Isma, e Manu tamén a piques estivo de anotar. Tralo descanso, o guión do encontro foi o mesmo, pero o balón non quería entrar. Michael á saída dun córner, un remate de Toja bate no lonqueiro, e cando parecía que o gol chegaría, Tati lanza un penalti fora. Xa co tempo cumplido, un balón colgado á área chega a Manu Nogueira que define ben. Vitoria moi traballada”.

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Partido dominado na primeira parte polo Muxía xogando con vento a favor, ainda que sen ocasións claras. Tiveron dous tiros lonxanos que sacou ben Joselu, e nós tivemos un tiro lonxano de Lojo ó longueiro. Na segunda parte a situación cambiou e o partido igualouse e nós tivemos un tiro de Bruno que se marchou por enriba, e un remate de cabeza de Lojo, que a centro de Iago se anticipa a Ángel Luis, e o balón sae fóra, cando cantábamos gol. O Muxía tivo un remate ó traveseiro de Toja, e fallou un penalti Tati. Nos últimos 15′ o Muxía foi polo partido con maior decisión aproveitando que quedamos cun menos pola expulsión de Álex Agulleiro, e no minuto 94, marcou Nogueira nun erro defensivo noso”.

 

Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.

FICHA TÉCNICA

 

RESULTADOS

11ª Xornada

Muxía 1-0 Cee 

 Castríz 1-3 Ponteceso

Cerqueda 2-4 Esteirana 

Zas 1-2 Lira

Coristanco 3-1 Muros 

San Lorenzo 2-1 Buño 

Corme 4-0 Malpica 

Cabana 1-2 Baiñas 

CLASIFICACIÓN

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.