3ª DA COSTA
(Terceira Futgal “A Costa”)
Xornada 5
Sábado 10/10/2026
Volantes de Baño FC 0-2 SD Laxe
Inter de Brens 2-7 SD Camelle
Bergantiños FC “B” 8-0 Club Deportivo Razo
Domingo 11/10/2026
CD Nantón – UD Monte Louro, ás 17:00
SCD Buño – CD Muros, ás 17:30
CF Mazaricos – CD Baiñas, ás 12:00
Sporting Seaia CF – UD Cerqueda, ás 17:00
Lira CF – Sporting Zas, ás 17:30
.
Tres encontros se xogaron na tarde do sábado adiantados a 5ª xornada da 3ª da Costa. Foron tres choques nos que non houbo tempo para aburrirse, se no de Muros había igualdade, nos outros dous, o de Xallas, 8Cee), e Carballo, pasouse gran parte dos choques sacando de centro. Un total de 19 goles antre os 3 choques.
Volantes de Baño FC 0-2 SD Laxe
O Laxe sigue a ritmo de cruceiro e sumou a sua quinta vitoria en 5 encontros para seguir coliderando a clasificación co Bergantiños “B” pase o que pase nos encontros dominicais. Os laxenses non o tiveron doado pois non conseguiron batir os de Baño ata que quedaron en inferioridade numérica o ver Miguel León o segundo cartón amarelo no minuto 59. Cinco minutos despois chegaba o gol dos de Laxe por medio de José Andrade. Sen tempo a reacción Leo Rama conseguía batir de novo a Daniel Garabal nove minutos despois.
Goles : 0-1, José Andrade, (64´); 0-2, Leo Rama, (73´).
Marce “Marcotiño”, (SD Camelle).
Inter de Brens 2-7 SD Camelle
Segunda vitoria consecutiva do Camelle que despachou ao conxunto de Brens en 27 minutos nos que se puxo 0-4 con goles de Marcotiño, (2), un central reconvertido en goleador, Gabri e David Vieites. Acurtou distanzas o Inter a media hora de xogo por medio de “Congui” e nada máis sacar de centro chegaba o quinto dos camelláns por medio de novo de Marcotiño que completava un Hat-trick en 33 minutos. Iher Traba de penalti facía o segundo dos locais para poñer o 2-5 no marcador, co que se iría o descanso. Tranquilizouse o chouqe na segunda metade e xa no treito final Sandro e Iván Chans competaban a goleada.
Bergantiños FC “B” 8-0 Club Deportivo Razo
Ao igual co Laxe o filial do Bergan completa pleno nas 5 xornadas que van de liga. Non tivo piedade o equipo carballés no derbi e tras unha primeira metade na que se ían a vestiarios vencendo por 2-0, con goles de Pablo Pose e Kele, chegaba a segunda na que lle pasaban por enriba aos veciños da costa. Pablo Pose repetía pasados os 10 minutos da reanudación e repetía 2 minutos despois. Osmir no 64 facía o quinto da tarde e Kele 6 minutos despois facía o sexto. Pablo Pose no 76 facía o sétimo e completaba un poker de goles na sua conta. Kele no 91 completaba o definitivo 8-0, e o seu Hat-trick particular.
–
-Foto :
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–
